Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 18 de decembro de 2012

Andel de Libros (XVIII): A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre





A min este libro gustoume moito, é divertido, atrae ao lector porque queres saber o que pasa e non podes deixar ningún capítulo sen ler.
Eu o final cambiariao pero así tamen me gustou porque o que importa e que volveran a casa todos sans e salvos e non quedaran alá no medio do Pacífico. Emilia debería pedirlle perdón aos seus pais por marchar así sen dicir nada e que os seus pais se preocuparan por ela por non encontrala pero os pais tamén lle deberían de pedir perdón a ela por non comprender antes o que era o seu soño. E polo menos ao final cumpriuno. Foime fácil de comprender aínda que non entendín algunhas palabras.

Alba Pumar Muiño (3º)

Se esta novela non fose baseada en feitos reais, cambiaríalle o pouco orzamento que tiñan os vixiantes da expedición do Pacífico.
Non pasarían tantas calamidades á hora de conseguir as probas para o traballo que estaban a realizar, e o camiño que fixeron a pé pola selva non sería tan duro e longo.
O tema máis importante do libro penso que foi a explicación de como conseguiron todas as probas do traballo. Tamén é moi importante a forma na que Emilia e Andrés mantiveron o seu parentesco e sexo en secreto durante tantos meses. Era unha situación moi difícil.
Esta foi unha novela bastante interesante ao ser baseada na vida real.

Esteban Becerra Varela (3º)

Andel de Libros (XVII): Aire negro, de Agustín Fernández Paz





A min este libro gustoume moito, foime fácil de entender e pareceume interesante sobre todo cando Laura ten dezasete anos e se namora do seu profesor porque iso identifica a moitas persoas que se namoran de alguén maior e non saben como dicirllo como lle pasou a ela.
A min gustaríame que Laura fose feliz unha vez recuperada da súa enfermidade mental con Carlos ou con Víctor como ela quixera pero o que si me gustaría era que ela conseguise ser feliz e non marchar coa Gran Besta.
Se digo a verdade este libro na parte en que Laura e Dédalo entran na cova deume moito medo e tamén cando encontraron a Dédalo e a Iria feridos aínda que só o estaba lendo pero na miña mente estábao imaxinando todo e non me gustaría ser partícipe de algo así, soamente me gustaría participar na parte de amor de Laura e Carlos cando se namoran.
Para finalizar a miña valoración personal remato dicindo que disfrutei con esta lectura de Agustín Fernandez Paz e invitaría a todos a que leran o libro porque engancha e queres saber o que pasa ao final.

Alba Pumar Muiño (3º)



A miña opinión sobre o libro de Aire Negro é que non me gustou nada o final, xa que non explica o que lle acantece o Laura Novo. O que áais me gustou do libro foi o principio cando Víctor empeza a contarlle novelas e libros para que lle volva un pouco a memoria.
O que penso é que pasou de ser un libro real a ser un libro de ciencia ficción, coa Gran Besta. Podía mellorar Agustín Fernandez Paz o desenvolvemento da historia. O que tampouco me gustou foi o cambio de protagonista nun dos capítulos, porque non entendía o que quería transmitir sobre o relato do escrito que lle mandara Víctor a Laura Novo. Polo demais gustoume bastante se non fora por eses conceptos.
O que tamén non me gustou foi o anaco no que Víctor vai a Portugal para falar con Carlos.
Pero polo resto pareceume un libro adecuado, que engancha ao lector, e que aínda que mesture a realidade coa ficción gustoume.                                                                                                    
 

Daniel González Iglesias (3ºESO)

Andel de Libros (XVI): Polaroid, de Suso de Toro



Os relatos que lin deste libro gustáronme todos moito pero o que máis me gustou foi o relato do ''bollicao''.
Para min o momento máis importante nese relato foi cando o home do bar lle deu o bollicao á neniña que quedou moi contenta e a cambio deulle un bico na meixela.
Este relato chámase así porque todo xira en torno á neniña que quere un bollicao que está no bar pero o home dono del non llo quere dar porque é moi avaricioso e non lle quería dar un bollicao a cambio de nada.
Despois tamén me gustaron os outros relatos pero o segundo que máis me gustou foi o relato de ''Ti'', no que un home lle pregunta a este como se chama e o outro respóndelle co seu nome, pero o que lle preguntou o nome vólvelle a preguntar como se chama outra vez.

Kevin Martínez Costa (4º ESO)

luns, 17 de decembro de 2012

Andel de Libros (XV): Leonel, de Antón Cortizas





Este relato gustoume moito, foi un dos libros que lin en galego que máis me gustou. É unha historia que nos pode pasar a todos os que vivimos na aldea, ou mesmo cando imos á casa de nosos avós. Ademais o protagonista é un rapaz adolescente, polo que cando lía a historia imaxinábame a min mesma, coma se participase nela, vivindo todas esas aventuras. Por riba, ten un pequeno toque de amor, o que fai que o libro sexa moi bo.

Un dos momentos que máis me gustou foi cando Miguel tiña que marchar de Grandal e pasou a última tarde con Ana, despedíndose cun profundo bico. Este momento paréceme precioso, e mostra como o amor pode xurdir en tan só dous meses.

Eu non faría ningún cambio, pois gustoume todo.

A lingua para min foi moi fácil de entender e a historia para ler tamén.

Cristina Deus García (3º)

Andel de Libros (XIV): A Pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey






Esta novela a min gustoume moito. Paréceme unha historia algo triste, xa que hai varios problemas e dificultades, pero tamén é moi bonita.

Un dos meus momentos preferidos do libro é cando André vai xunto ao seu avó, cando está a piques de morrer, e agarrándolle unha man empézalle a falar de todo. Intentando que sobrevivise, intentando alegralo, dicíndolle cousas preciosas. Este momento para min é moi importante, e emocioneime moito cando o estaba lendo; ata ganas de chorar me entraron.

Eu cambiaría o de que o avó de André morre porque me parece moi triste, pois André xa tiña outros problemas como para que lle morrese seu avó.

A lingua para min foi moi fácil de entender. A historia, para ler, é algo máis difícil, xa que fai moitos "flash-backs" ao longo desta.

Cristina Deus García (3º)


A min este libro pareceume interesante e divertido nalgunhas ocasións porque a verdade entreteste moito con algúns acontecementos da historia que son divertidos, pero tamén os hai tristes como o do avó que a min particularmente neste caso me deu moita tristeza. 
Tamén me fixo chorar porque ó final do capítulo do avó para o rapaz debeu de ser moi duro para el dicirlle que se fose, que parara de respirar e que descansara en paz porque eu iso se o tivera que facer non me vería capaz sen botarme a chorar antes ou sinceramente non o daría feito.
Para min foi moi fácil de entender e gustoume moito así tal e como acaba pero gustaríame que acontecese como o final que eu lle inventei pero así tamén me gustou moito.
Neste libro pásanse moitos momentos de alegría e outros de tristeza e por iso me gustou tanto. En poucas palabras ENCANTOUME!!!!!!

Alba Pumar Muíño (3º)