Onte tivo lugar un encontro do alumnado de 3º, 3º PDC e 4º da ESO co autor de banda deseñada
Tokio (pseudónimo artístico do biólogo mariño Alfredo López), para falar da novela gráfica
Cabana de Balieiros, publicada por
Demo editorial, e tamén da súa aprendizaxe e posterior evolución no mundo da ilustración.Lembrounos
os seus primeiros debuxos no Instituto, as primeiras colaboracións en
fanzines e revistas e xa logo como chegou a vivir profesionalmente do
seu traballo como ilustrador científico.
Deseguida recuperamos un anaco da anotación de fixemos o curso pasado sobre a publicación da novela gráfica gráfica
Cabana de Balieiros:
"No trailer as ilustracións aparecen con música de Manel Cráneo. Non debería faltar en ningún andel de libros e en ningún centro de ensino esta novela gráfica que conta unha historia de acción e aventuras ambientada na Costa da Morte durante o século XIX. Os trazos de
Tokio son espléndidos, non o imos descubrir agora, e o guión está moi ben documentado, mesmo con referencias a acontecementos históricos como a traxedia do buque Serpent a carón do cabo Vilán (Camariñas)".
E moitas grazas a Alfredo López
Tokio por se achegar ata Viaño Pequeño (Trazo) desde os nosos mares do Sur de Galicia.