Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 15 de xuño de 2018

Conta de Libros (XLIII): Ideas de bombeiro, de Andreu Martín



Este libro gustoume moito xa que a historia é moi divertida, cun "plus", porque podes lela de tres maneiras diferentes xa que ten as opcións de lelo segundo os números romanos, os números normais e por último como todos os libros de diante cara a atrás, o cal a min paréceme difícil de lograr que cadre. 

O momento que máis me gustou foi cando empezaron a falar en clave porque foi arriscado e ao mesmo tempo foi un acto de valentía ao desafiar aos ladróns, xa que ao falar en clave pois crease un misterio porque a rapaza non entendía nada do que dicía e parecíalle que estaba louco. E os ladróns déronse de conta pero nunca souberon que dicían xa que nin a rapaza nun principio se decatara. 

É fácil de ler e engancha desde os primeiros capítulos, por iso non lle faría ningún cambio, para min está perfecto. Recomendo ler este libro a toda a xente que lle gusten o humor e as cousas sen sentido xa que este libro está cheo disto e ademais ten un pouco de intriga.

Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO)

Conta de Libros (XLII): O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz



Este libro composto por moitos relatos gustoume moito porque todos teñen unha unidade interna que é o amor, aínda que me gustaría máis se os relatos estiveran unidos e non foran independentes. 

Os relatos que máis me gustaron foron o de “Un radiante silencio” porque está cheo de misterio ao non se saber quen lle escribe as notas cos poemas a Sara que a ela tanto lle gustan e o de “Unha historia de fantasmas” aínda que me quedei con gañas de saber o que acontecía despois. 

Hai personaxes que me impactaron moito como por exemplo Diana que ía tirando fotos por aí para que se alguén as atopaba pensase nela ou como o pai de Laura que era o xefe do protagonista e o botou por saír coa súa filla. 

Recoméndoo moito porque é moi fácil de ler pero o que cambiaría é que os relatos tivesen algo que ver porque á hora de resumir resulta máis complicado. Tamén cambiaría que algunha historia, acabase con outro final, xa que se o comezas a ler xa sabes como acaban os seguintes, entón algo inesperado, como por exemplo que a historia do final, acaben xuntándose.

Paula Lema Domínguez (3º ESO)

Este libro, composto por diferentes historias, gustoume moito, aínda que á súa vez, dáme pena. Os finais sempre acaban similar. Deberían loitar máis polo que queren. 

O momento máis importante non sabería dicir cal é, supoño que en todos os capítulos hai algún, por exemplo cando comeza o namoramento, de non ser así, non tería ningún sentido. Grazas a ese momento, segue transcorrendo a historia, que vai sobre amores que nunca saen adiante, ou ben porque é imposible, ou senón porque non o intentan. 

É moi interesante, xa que, sempre estás esperando polo intre en que polo menos nunha historia acaben xuntándose, cumpríndose ese amor. Faría o cambio de que ocorrese algo inesperado, nalgunha historia, por exemplo a do final.

A lingua é moi fácil de entender, pero ten erros de imprenta, nalgunhas palabras. Lese moi rápido. O malo é que para facer un resumo, é algo complicado, xa que son historias completamente diferentes, aínda que nun fondo, sempre están todas unidas por un fío, o amor.

Tania Villasenín Bello (3º ESO)

A verdade é que é moi triste o libro, mais é interesante e tamén emocionante porque conta dramas
de amor que sufriron os personaxes en cada momento das súas vidas. 

A historia mostra un pouco a realidade de que non todo o mundo ten final feliz ou non podemos estar coa persoa que queremos, mais ben é algo ao revés que mostra máis a vida diaria e que tamén
podemos vivir así, menos a traxedia e o sufrimento amoroso que non creo que debería pasarlle a
ninguén. 

Había algúns personaxes que para ser sincera foron demasiados dramáticos e outros que foron un pouco tristes. O autor conta como son e como senten os protagonistas.

Gustoume moito o libro, aínda que tiña unha linguaxe moi culta e é algo difícil de entender porque tiven que volver ler o capítulo por causa de que non pillei algunhas historias. Eu cambiaría algo o final, porque había demasiada dor e lágrimas e bastaba e que algún relato acabara cun final un pouco máis feliz.

Eduarda Andrade Marinho (3º ESO)

xoves, 14 de xuño de 2018

Conta de Libros (XLI): Anagnórise, de María Victoria Moreno


AnagnóriseMaría Victoria Moreno. Galaxia

Este libro trata dun rapaz chamado Nicolau, que decide marchar a Madrid para poder deixar atrás os seus problemas. Fai autostop e recólleo unha muller, aínda que el non está moi de acordo que o recolla unha persoa do xénero feminino, xa que segundo el as mulleres non conducen ben. 

Esta muller non lle quere dicir o seu nome nin quen é. Durante o seu traxecto a Madrid fixeron varias paradas, e en cada unha vivía unha cousa diferente e cada vez íase unindo máis a aquela muller.

Cando chegaron a Madrid, os dous compañeiros de viaxe, tivéronse que separar, Nicolau foi co seu amigo o Marcos, que o esperaba alí. Pero non pasou moito tempo, para que Nicolau fose buscar outra vez a aquela muller, que durante un tempo foi a súa compañeira de viaxe. Pero este atópase cunha sorpresa.

Recomendo este libro, xa que a autora explica moi ben o que lle pasa pola cabeza a Nicolau, e conta moi ben os problemas que pode ter un adolescente a punto de cumprir a maioría de idade. Por iso me gusta esta obra, por como a autora conta todo este relato.

María Gigirey Iglesias (3º ESO)

O momento máis importante ao meu ver é cando morre a muller porque é a situación máis intrigante, porque queres saber como, e que pasará despois.

A min o libro ao principio parecíame moi aburrido porque era sempre o mesmo ata mediados da historia que empeza a ser interesante o contido.

No referido aos personaxes os que máis me gustan son Nicolau e a muller porque ambos son moi parecidos e por iso me gustan tanto e ademais son os protagonistas, os máis importantes e sen eles a historia non tería sentido, e todo iso de que pouco a pouco se descubriran mutuamente segredos un do outro parecíame máis interesante e gústame.

Se eu fose a autora poñeríalle algo de acción ao comezo xunto con algo de comedia, faríao máis interesante e sería moito máis divertido. Algo semellante faría co final porque xa sería perfecto e gustaríalle a moita máis xente e máis xuventude.

No tocante á lingua o libro en si enténdese bastante ben, non ten palabras raras ou difíciles de comprender.

Jennifer Parente Pena (3º ESO)

Este libro gustoume moito, xa que conta a historia de un rapaz que quere escapar da súa rotina e dos pensamentos facendo autostop cara Madrid, cunha inesperada compañeira de viaxe intrépida.

Para min, o momento máis importante foi no que Xulia e Nicolau se despedían por última vez e cada un marchaba polo seu camiño. Tamén me gustou o momento no que estaban no restaurante e Nicolau soltou todos os seus sentimentos até chorar.

No tema, é interesante e emocionante, polas historias na estrada, polos acontecementos con Xulia e a súa implicación no traxecto.

No desenvolvemento non faría ningún cambio, o único na parte do final que é un pouco lenta e non se entende moi ben.

O final é marabilloso, polo reencontro de Natalia e Nicolau, non o cambiaría por nada do mundo.

Conforme á lingua, é fácil de entender e non ten palabras moi complicadas, polo que facilita a lectura.


Daniel Balsa Balsa (3º ESO)

mércores, 13 de xuño de 2018

Book trailer (XXI): Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Uxía Iglesias Vázquez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela Noite de voraces sombras (Xerais, 2013) de Agustín Fernández Paz. Realización youtubeira: Uxía Iglesias Vázquez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


martes, 12 de xuño de 2018

Book trailer (XX): "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas. Realizado por Laura Pena Gutiérrez





 
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela Memoriasdun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Galaxia, 1961, 1º ed). Realización youtubeira: Laura Pena Gutiérrez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Conta de Libros (XL): Soidades de Ana, de Jordi Sierra i Fabra




O momento máis importante foi cando Victoria empezou a andar e a investigar sobre a morte de súa irmá Ana, indo á escola dela, preguntándolle aos seus compañeiros e incluso indo á casa do seu mozo. 

Pero o momento que me pareceu máis bonito e o que máis me gustou foi cando Victoria ía volver para Londres e por sorpresa chegou Jairo. El díxolle que primeiro ía arranxar unas cousas que tiña pendentes e que dentro de tres días estarían en Londres xuntos. 

O libro gustoume moito, xa que é dunha rapaza da miña idade e que o que lle pasou a ela nos pode pasar a calquera de nós. 

Non é nada difícil de entender e a lingua e fácil menos algunhas palabras pero sácanse polo contexto. 

A única cousa que cambiaría, serían os feitos que tiña a nai de Ana e de Victoria, porque lle podía axudar e explicarlle as cousas en vez de tratala como tratou a Ana, case apunto de pegarlle e de insultala, por levar un preservativo no bolso.

Lydia Rey Varela (3º ESO)

venres, 8 de xuño de 2018

Book trailer (XIX): “22 segundos", de Eva Mejuto. Realizado por Adrián Esmorís Noya


Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de xogo, Xerais, 2016). Realización youtubeira: Adrián Esmorís Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

 

xoves, 7 de xuño de 2018

Book trailer (XVIII): “O diario violeta de Carlota", de Gemma Lienas. Realizado por Iria Boquete Sánchez





Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Iria Boquete Sánchez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)