Unha nova entrega
no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela O único que queda é o amor (Xerais, 2018) de Agustín Fernández Paz. Realización youtubeira: Tania Villasenín Bello, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
xoves, 21 de xuño de 2018
Conta de Libros (XLVII): O enigma de Embívicus, de Xosé Antonio Perozo
Este libro a min gustoume bastante pero tampouco tanto,
trata sobre dúas vilas, nas que dende hai moito tempo están enfrontados os cidadáns e ninguén sabe o porquí nin cando comezou todo. Nunha das vilas hai un grupo de rapaces que un día foron visitar o río que separa ambas vilas e atopáronse con outro grupo da outra vila que eran moi malos rapaces e entón atacáronos a pedradas e paus.
Pero estes rapaces ao final cambian a súa maneira de ser xa que o xefe do grupo ten unha irmá que se namora do capitán do outro grupo. Ao longo do relato vaise contando a historia destes namorados.
A parte que máis me gustou deste libro foi cando Cali desapareceu misteriosamente no embigo, e non lle cambiaría nada desta historia.
A linguaxe é moi doada de entender e a
historia tamen é doada de entender, por iso é moi recomendable.
martes, 19 de xuño de 2018
Book trailer (XXIII): Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz. Realizado por María Gigirey Iglesias
Unha nova entrega no noso recuncho de realización
youtubeira, velaquí o Book trailer da novela Fantasmas de luz (Xerais, 2013) de Agustín Fernández Paz. Realización youtubeira:
María Gigirey Iglesias, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Book trailer (XXII): Anagnórise, de María Victoria Moreno. Realizado por María Gigirey Iglesias
Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela Anagnórise (Galaxia, 1988. 3º ed. 2018) de María Victoria Moreno. Realización youtubeira: María Gigirey Iglesias, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Conta de Libros (XLVI): O contador de estrelas, de Jaureguízar
Boas! Son
Uxía e hoxe vouvos falar sobre o libro O contador de estrelas, de
Jaureguizar. O momento máis importante é o final, alí enténdese todo, a
historia de Enver, a do pai de Antía e incluso a de súa nai. O libro ábrenos as
portas á vida dunha adolescente en pleno verán, Antía, coa súa lectura descobres
os moitos misterios e as moitas emocións e sentimentos que afloran nesta época
tan importante e marcada nas nosas vidas.
O libro é
interesante, emocionante e incluso algo romántico, pois hai un triángulo
amoroso un pouco estraño.
Antía é a
máis importante das personaxes, pois é a protagonista, pero Nito é un “crack”.
Para min,
unha das partes máis graciosas é cando Nito atropela a Antía para poder falar
con ela, polo que se ve, el, listo... non é.
O final paréceme
moi axeitado, pois descóbrense todos os misterios que aparecen co transcurso do
libro. Se puidera cambiar algo, sería que aparecese máis Nito, porque me cae
moi ben.
A lingua é
moi faciliña e trae moitas expresións da rapazada que nos farán unha lectura
máis amena.
Con isto só
me queda dicirvos que se non sabedes que ler probedes con este libro. Espero
que vos guste!
Uxía Iglesias Vázquez (3º ESO)
Conta de Libros (XLV): Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz
Este libro trata de
un home chamado Damián, que lle encanta o seu traballo: operador de cabina, no Cine
Soñadores, o mellor cine da cidade. Un día recibe unha mala noticia: o Cine
Soñadores ía desaparecer, debido a que ía ser vendido e faríanse no seu lugar
uns departamentos. Damián experimenta uns cambios na súa vida, que tamén lle
afectan a Marga, a súa muller. Dunha forma progresiva vanse facendo
transparentes. Chegan a un momento en que de tan transparentes que se fan, ata
a roupa que poñen, a maquillaxe e as cousas que collen, fanse invisibles.
Este
libro trata da exclusión social dunha parte da sociedade, de como as persoas
exclúen a outras polo simple feito de ser diferentes ou pertencer a un
colectivo.
Gustoume
porque a min gústame a maneira como trata este tema, que hoxe en día é un dos grandes dramas
desta sociedade tan superficial e como o explica comparando co problema do
protagonista.
Este libro recoméndoo, xa que che abre os ollos deste problema tan
común nestes tempos.
María Gigirey Iglesias (3º ESO)
luns, 18 de xuño de 2018
Conta de Libros (XLIV): Sangue 12, de Cris Pavón
Este libro gustoume moito, o momento
máis importante do relato paréceme cando coñece a Váneas porque a partir de aí
comeza todo. Paréceme un libro un tanto interesante porque ocorreron cousas moi
peculiares como por exemplo que se coñecesen desa maneira tan rara, cando
Palmira a vira por primeira vez e días despois empezan a falar por un despiste
de Palmira de deixar a tableta encima dun asento de autobús mentres que ía ao
baño.
Non lle faría ningún cambio porque me gustou moito, o único que talvez si que
lle cambiaría sería que non saltase do pasado ao presente tan a miúdo porque
iso fai que che líe a cabeza. E o final paréceme moi axeitado.
É doado de ler porque a súa lingua é axeitada para a nosa idade, pero ao mesmo tempo paréceme algo
difícil de entender por culpa de que cambie tanto de tempo de pasado para presente
e viceversa, mais aínda así é un libro moi bo. E para quen non lle guste ler é moi fácil a lectura.
Alicia González Lage (3º ESO)
venres, 15 de xuño de 2018
Conta de Libros (XLIII): Ideas de bombeiro, de Andreu Martín
Este
libro gustoume moito xa que a historia é moi divertida, cun "plus", porque podes lela
de tres maneiras diferentes xa que ten as opcións de lelo segundo os números
romanos, os números normais e por último como todos os libros de diante cara a atrás, o cal a min paréceme difícil de lograr que cadre.
O momento que máis me
gustou foi cando empezaron a falar en clave porque foi arriscado e ao mesmo tempo
foi un acto de valentía ao desafiar aos ladróns, xa que ao falar en clave pois crease
un misterio porque a rapaza non entendía nada do que dicía e parecíalle que
estaba louco. E os ladróns déronse de conta pero nunca souberon que dicían xa que
nin a rapaza nun principio se decatara.
É fácil de ler e engancha desde os primeiros
capítulos, por iso non lle faría ningún cambio, para min está perfecto. Recomendo ler
este libro a toda a xente que lle gusten o humor e as cousas sen sentido xa que
este libro está cheo disto e ademais ten un pouco de intriga.
Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO)
Conta de Libros (XLII): O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz
Este libro composto por moitos relatos gustoume moito porque todos teñen
unha unidade interna que é o amor, aínda que me gustaría máis se os relatos estiveran unidos e non foran independentes.
Os relatos que máis me gustaron
foron o de “Un radiante silencio” porque está cheo de misterio ao non se saber
quen lle escribe as notas cos poemas a Sara que a ela tanto lle gustan e o de
“Unha historia de fantasmas” aínda que me quedei con gañas de saber o que
acontecía despois.
Hai personaxes que me impactaron moito como por exemplo
Diana que ía tirando fotos por aí para que se alguén as atopaba pensase nela ou
como o pai de Laura que era o xefe do protagonista e o botou por saír coa súa
filla.
Recoméndoo moito porque é moi fácil de ler pero o que cambiaría é que os
relatos tivesen algo que ver porque á hora de resumir resulta máis complicado. Tamén
cambiaría que algunha historia, acabase con outro final, xa que se o comezas a
ler xa sabes como acaban os seguintes, entón algo inesperado, como
por exemplo que a historia do final, acaben xuntándose.
Paula Lema Domínguez (3º
ESO)
Este
libro, composto por diferentes historias, gustoume moito, aínda que á súa vez,
dáme pena. Os finais sempre acaban similar. Deberían loitar máis polo que
queren.
O momento máis importante non sabería dicir cal é, supoño que en todos
os capítulos hai algún, por exemplo cando comeza o namoramento, de non ser así,
non tería ningún sentido. Grazas a ese momento, segue transcorrendo a historia,
que vai sobre amores que nunca saen adiante, ou ben porque é imposible, ou
senón porque non o intentan.
É moi interesante, xa que, sempre estás esperando
polo intre en que polo menos nunha historia acaben xuntándose, cumpríndose
ese amor. Faría o cambio de que ocorrese algo inesperado, nalgunha historia, por
exemplo a do final.
A lingua é moi fácil de entender, pero ten erros de
imprenta, nalgunhas palabras. Lese moi rápido. O malo é que para facer un
resumo, é algo complicado, xa que son historias completamente diferentes, aínda
que nun fondo, sempre están todas unidas por un fío, o amor.
Tania Villasenín Bello (3º ESO)
A verdade é que é moi
triste o libro, mais é interesante e tamén emocionante porque conta dramas
de amor que
sufriron os personaxes en cada momento das súas vidas.
A historia mostra un pouco a
realidade de que non todo o mundo ten final feliz ou non podemos estar coa persoa que
queremos, mais ben é algo ao revés que mostra máis a vida diaria e que tamén
podemos vivir así,
menos a traxedia e o sufrimento amoroso que non creo que debería pasarlle a
ninguén.
Había
algúns personaxes que para ser sincera foron demasiados dramáticos e outros que foron un
pouco tristes. O autor conta como son e como senten os protagonistas.
Gustoume moito o
libro, aínda que tiña unha linguaxe moi culta e é algo difícil de entender porque tiven que
volver ler o capítulo por causa de que non pillei algunhas historias. Eu cambiaría algo o final, porque había demasiada dor e lágrimas e bastaba e que algún relato acabara cun
final un pouco máis feliz.
Eduarda Andrade Marinho (3º ESO)
xoves, 14 de xuño de 2018
Conta de Libros (XLI): Anagnórise, de María Victoria Moreno
Anagnórise. María Victoria Moreno. Galaxia
Este libro trata dun rapaz
chamado Nicolau, que decide marchar a Madrid para poder deixar atrás
os seus problemas. Fai autostop e recólleo unha muller, aínda que el
non está moi de acordo que o recolla unha persoa do xénero feminino, xa que segundo el
as mulleres non conducen ben.
Esta muller non lle quere dicir o seu
nome nin quen é. Durante o seu traxecto a Madrid fixeron varias
paradas, e en cada unha vivía unha cousa diferente e cada vez íase
unindo máis a aquela muller.
Cando chegaron a Madrid, os dous
compañeiros de viaxe, tivéronse que separar, Nicolau foi co seu
amigo o Marcos, que o esperaba alí. Pero non pasou moito tempo, para
que Nicolau fose buscar outra vez a aquela muller, que durante un
tempo foi a súa compañeira de viaxe. Pero este atópase cunha
sorpresa.
Recomendo este libro, xa
que a autora explica moi ben o que lle pasa pola cabeza a Nicolau, e
conta moi ben os problemas que pode ter un adolescente a punto de
cumprir a maioría de idade. Por iso me gusta esta obra, por como a
autora conta todo este relato.
María Gigirey Iglesias (3º ESO)
O
momento máis importante ao meu ver é cando morre a muller porque é a situación máis intrigante, porque queres saber como, e que pasará
despois.
A
min o libro ao principio parecíame moi aburrido porque era sempre o
mesmo ata mediados da historia que empeza a ser interesante o contido.
No referido aos personaxes os que máis me gustan son Nicolau e a muller
porque ambos son moi parecidos e por iso me gustan tanto e ademais
son os protagonistas, os máis importantes e sen eles a historia non
tería sentido, e todo iso de que pouco a pouco se descubriran
mutuamente segredos un do outro parecíame máis interesante e
gústame.
Se eu fose a autora poñeríalle algo de acción ao comezo xunto con algo de comedia,
faríao máis interesante e sería moito máis divertido. Algo semellante faría co final porque xa sería perfecto e
gustaríalle a moita máis xente e máis xuventude.
No tocante á lingua o libro en si enténdese bastante ben, non ten palabras raras ou
difíciles de comprender.
Jennifer
Parente Pena (3º ESO)
Este libro gustoume moito, xa que
conta a historia de un rapaz que quere escapar da súa rotina e dos
pensamentos facendo autostop cara Madrid, cunha inesperada
compañeira de viaxe intrépida.
Para min, o momento máis
importante foi no que Xulia e Nicolau se despedían por última vez e
cada un marchaba polo seu camiño. Tamén me gustou o momento no que
estaban no restaurante e Nicolau soltou todos os seus sentimentos até chorar.
No tema, é interesante e
emocionante, polas historias na estrada, polos acontecementos con
Xulia e a súa implicación no traxecto.
No desenvolvemento non
faría ningún cambio, o único na parte do final que é un pouco
lenta e non se entende moi ben.
O final é marabilloso,
polo reencontro de Natalia e Nicolau, non o cambiaría por nada do
mundo.
Conforme á lingua, é
fácil de entender e non ten palabras moi complicadas, polo que
facilita a lectura.
Daniel Balsa Balsa (3º ESO)
mércores, 13 de xuño de 2018
Book trailer (XXI): Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Uxía Iglesias Vázquez
Unha
nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o
Book trailer da novela Noite de voraces sombras (Xerais, 2013) de Agustín Fernández Paz. Realización youtubeira: Uxía Iglesias Vázquez, 3º
ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
martes, 12 de xuño de 2018
Book trailer (XX): "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas. Realizado por Laura Pena Gutiérrez
Unha nova entrega
no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela Memoriasdun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Galaxia, 1961, 1º ed). Realización
youtubeira: Laura Pena Gutiérrez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











