Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 23 de maio de 2022

Conta de Libros (XXII): Iridium, de Francisco Castro

 


Iridium. Francisco Castro. Galaxia

Na miña opinión este libro gustoume moito, xa que fala da vida dos adolescentes sen xulgar os comportamentos e o autor é compresivo con cada un dos rapaces explicando a súa maneira de comportarse, e a min estes libros que tratan deste tema gústanme bastante. 

Para min o momento máis importante do libro foi cando Chechu e Mario pelexaron e Chechu perdeu o teléfono, xa que é o que lle deu máis interese á narración, porque Mario saíu correndo e Chechu pensou que fora Mario quen llo roubara. 

O desenvolvemento gustoume e tamén da maneira en que está escrito, xa que son capítulos pequenos, onde acabas un e déixache coa intriga de saber que pasa no seguinte.

A min o final gustoume moito, xa que, Iris e Mario acabaron xuntos, e iso pareceume un detalle moi bonito, e que me encantou. 

A lingua pareceume fácil de ler con palabras sinxelas. 

En resumo, na miña opinión recomendo moito ler este libro porque é entretido e, ademais, fácil de ler.

Lucía Grela Seoane (3º ESO)


luns, 16 de maio de 2022

Book tráiler (LXXVII): Be Water, de Antía Yáñez. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (col. Merlín, Xerais, 2020). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

martes, 10 de maio de 2022

Book tráiler (LXXVI): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez. Ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

luns, 25 de abril de 2022

Book tráiler (LXXIV): Be Water, de Antía Yáñez. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Be Water, de Antía Yáñez (Cuarto de inverno, 2019). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 

sábado, 2 de abril de 2022

Book tráiler (LXXIII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Paula Moar Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Paula Moar Iglesias, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXII): Silencio, de Fran Alonso. Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Silencio, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXXI): A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre. Realizado por Brais Castro Señarís

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre (col. Árbore. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Brais Castro Señarís, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXX): Ameaza na Antártida, de Ramón Caride. Realizado por Brais Castro Señarís

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Ameaza na Antártida, de Ramón Caride, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Merlín. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Brais Castro Señarís, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

xoves, 31 de marzo de 2022

Book tráiler (LXIX):, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Alfredo Martínez Costa

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXVIII): Rapazas, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos Rapazas, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (LXVII): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A neve interminable, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXI): Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro.

Agosto do 36. Xosé Fernández Ferreiro. Xerais 

O tema do libro é bastante interesante, menos cando ían violar a Sara porque é a primeira vez que leo algo así. 

O momento máis importante para min é o final porque quedas coa dúbida de saber por que morreu Gregorio. 

Neste libro non teño personaxe favorita porque todos os personaxes están ben trazados, mais se tivera que destacar un sería Manuel polo simple feito de que é o que manda dos tres falanxistas que queren matar a Gregorio. 

Tamén ao propio Gregorio por aguantar tanto tempo sen entregarse contando que lle tiñan a muller secuestrada. 

O libro gustoume bastante tamén polos lugares que cita, que se poden relacionar perfectamente con algúns fáciles de atopar hoxe en dia e sempre me gusta relacionalo para entender mellor as lecturas. 

Rubén Goimil Parafita (4º ESO)

Book tráiler (LXVI): A ira dos mansos, de Manuel Esteban. Realizado por Iria Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban (col. Narrativa. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Iria Castro Noya, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

mércores, 30 de marzo de 2022

Conta de Libros (XX): A crueldade de abril. Diego Ameixeiras

A crueldade de abril. Diego Ameixeiras. Xerais 

Este libro paréceme un gran libro xa que a min persoalmente encántanme os libros que tratan de misterio, e este libro encántame porque trata de temas que a xente non comenta, como o alcohol, as drogas e o abuso. 

É certo que falar deses temas é algo difícil, por iso é un punto bastante positivo cara á narración. 

A min este libro paréceme bastante fácil de ler, porque é un libro pequeno e ademais cun vocabulario sinxelo, tamén algo que me chamou a atención é que fala da depresión, o cal é un tema que non te esperas que fale un libro e iso tamén me parece bastante curioso.

Tamén é certo que non atopei nada malo, para min o único malo por así dicilo é que contén un final aberto e non me gusta moito que os libros conteñan finais abertos, pero polo demais paréceme un libro moi interesante, o cal o volvería ler sen ningún problema xa que non aburre nada. 

Paula Moar Iglesias (4º ESO)