Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 25 de outubro de 2022

Andel de Libros (I): 22 segundos, de Eva Mejuto


Un novo curso 2022/2023 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega. Desta volta vaise chamar Andel de Libros e a primeira alumna en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho das lecturas foi Zaira Antelo Iglesias (3º ESO). Velaquí a súa recensión e as que chegaron despois: 

22 segundos. Eva Mejuto. Xerais

Para a miña opinión esta narración conta unha historia que é realista. A novela parece moi ben que fose escrita, porque para a xente homófoba dálle unha ensinanza que ao mellor non lle fai cambiar moito a opinión pero ao mellor hai a xente que lle serve para aprender algo, que é do que se trata, e porque se contan estas historias. Porque non temos porque criticar o que fai cada un coa súa vida, xa que cada un é libre de facer o que queira coa súa.

O protagonista desta historia chámase Alex, que ao principio da historia era unha nena e tivo o valor de dicir, tal e como se encontra a sociedade con estas cousas, pois ela tivo o valor de dicir que se sentía un neno e que quería que o tratasen como tal. Toda a súa familia o apoiou cousa que tamén lle serviu de moito, e a súa amiga tamén.

Recoméndovos moito ler este libro xa que é moi interesante e pode axudarvos a cambiar a opinión sobre moitas cousas que ao mellor pensades que son dunha maneira, e non son tal e como vós pensades. E aínda que xa saibades todas estas cousas o libro é moi entretido, e divertido. Gustoume moito.

Zaira Antelo Iglesias (3º ESO A)

Persoalmente o libro 22 segundos encantoume, paréceme unha historia preciosa dunha rapaza que o está pasando mal por culpa da xente, sinto que se alguén ten os mesmos problemas lle pode valer de moito para desafogarse ou darse conta de que hai xente que tamén está coa el/ela.

Pareceume moi doado de ler e comprender, lese rápido e engánchate.

Para min os personaxes principais eran Ánxela e o avó, porque Ánxela é a protagonista pero o avó é o que sempre a apoiou e lle dixo que perseguise os seus soños. Por iso me encanta ese personaxe, é moi motivador e dáche ganas de seguir adiante e pasar de todas as malas rachas ou comentarios que sabes que vas pasar e recibir.

Hai tres personaxes que non me gustaron nada que foron, Anxo, Raúl e a avoa, porque os tres lle levaban a contraria á moza, non lle axudaban e non a comprendían. Xente coma esa pode facer que unha persoa se rinda.

Recomendo moito este libro, ten un final moi triste pero aínda así encantoume.

Antía Bello Liñares (3º ESO A)

Este libro gustoume moito, ten un tema moi interesante e un vocabulario sinxelo e fácil de entender.

Para min, o suceso máis importante do libro foi cando Álex comezou o instituto, xa que foi a partir de aí cando compartiu o que sentía realmente coas persoas que o rodean e foi realmente feliz.

O meu personaxe favorito é o avó de Álex porque ten unha mentalidade moi aberta, é moi sincero e tamén moi gracioso.

Eu penso que a relación da portada co tema do libro é que na portada aparece un rapaz cunha cicatriz no peito que se levanta os brazos forma un sorriso e chegando ao final do libro, Álex coñece por internet un rapaz galego que nunha chamada lle amosa a mesma cicatriz ca o rapaz que sae na portada.

Non lle cambiaría o final, pero si un detalle, porque o mellor personaxe para min foi o avó e non me gustou que morrese.

Tampouco lle cambiaría o título xa que me parece totalmente axeitado co tema do libro.

Laura Noya Sánchez (3º ESO B)

22 segundos é un libro que me gustou moito sobre todo pola forma de narrar de Eva Mejuto, grazas a ela faise unha lectura moito máis levadeira. Fala sobre un tema moi complicado, que ela soubo compartir con nós de forma que o entenderamos malia non ter nin idea sobre as persoas transexuais.

No libro vemos que un dos xéneros destacados é o humor, xa que toda a familia de Álex intenta levar as cousas dunha maneira máis amena.

Gustoume moito o detalle de que todos os capítulos teñan un segundo, por cada capítulo vaise sumando un ata conseguir os 22 segundos, que fan referencia aos segundos que demorou o vídeo de Álex en subirse á rede.

Encantáronme os personaxes xa que todos eran moi simpáticos e respectaron en todo momento a Álex aínda el estando nunha das etapas máis complexas da súa vida. O meu personaxe preferido é Ramón, o avó de Álex, debido a que me parece un personaxe con moito potencial, ten un gran corazón e iso queda reflectido en todo o libro xa que apoiou a Álex con humor e cariño, ten unha mente moi aberta en comparación coa maioría das persoas da súa idade e en resume paréceme un personaxe moi interesante.

Para o meu parecer 22 segundos é unha gran lectura, porque axuda a entender ás persoas que están a pasar pola mesma situación e sinceramente sinto que é un tema moi interesante e importante, do cal deberíamos estar todos minimamente informados.

Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)

22 segundos é un libro baseado nun rapaz transexual. Esta novela trata de mostrar e normalizar unha identidade sexual que non se encontra normalizada totalmente. Intenta expresar todo o que sente unha persoa transexual no seu cambio de xénero, e mostra como se sente dende pequeno: Como viste, a que xoga....

Paréceme que é un libro moi necesario nas sociedades de hoxe en día xa que a xente non lle dá a este grupo de persoas a importancia e comprensión que necesitan. Tamén me gustaron moito os personaxes que acompañan a Álex (seu avó e súa nai), xa que sempre se poñen no lugar de Álex, e o acompañan en todo o proceso de transición.

Moitas das persoas transexuais teñen medo de falar sobre a súa verdadeira identidade, xa que cren que ningúen os vai acompañar. Sen embargo, se todos fosen como a familia de Álex, creo que moita máis xente expresaría como ela se sente.

Aitana Noya Santos (3º ESO B)

O personaxe que máis me gustou deste libro foi o avó de Xela/Alex porque apoiaba a súa neta sen criticar o que ela quería facer e cambiar. Tamén me gustou moito Ana como personaxe porque sabendo que Xela quería pasar a ser un neno non deixou de estar con ela aínda que nalgún momento se avergonzou (cando a viron as rapazas dun curso con Xela).

Os momentos que máis me gustaron deste libro foi cando Xela empezaba a comprar roupa de neno e a cortar o pelo coma os rapaces. O momento que menos me gustou foi cando o avó de Xela enfermou porque volveu estar ben pero volveu enfermar e acabou morrendo e non me gustou ese momento porque o avó era o máximo apoio de Xela nas súas decisións.

A miña opinión sobre este libro e que é moi interesante , tamén é moi doado de ler xa que é curto e usa palabras fáciles de comprender.

Recomendaríalle este libro a moitas persoas, xa que se le moi rápido e ao mesmo tempo te divirtes lendo o contido da narración. 

Este libro é moi importante, e paréceme que todo o mundo o debería ler, xa que hai moita xente incapaz de ver o que senten estas persoas e de empatizar con elas. Como é o caso de Alex (antes Ánxela), un rapaz transexual. 

Valeria Grela Bello (3º ESO B) 

A min este libro gustoume moito. Paréceme un libro que ata pode servir de axuda tanto para persoas transexuais, como para persoas que non saiban moito sobre o tema e se interesen por el.

A autora narra a historia de Xela/Alex dun xeito autobiográfico, é dicir explica máis ou menos mediante as anécdotas da historia as súas vivencias de cando era pequena.

Pareceume que explica moi ben e dun xeito ameno como se sente unha persoa así e como recibe o trato das persoas. Ela non se recoñecía a si mesma coma unha rapaza, e non entendía por que se sentía así ata que falou coa súa psicóloga Cristina.

Narra tamén, inxustizas que viviu de pequena, como levar coletas e saia á escola. Non se sentía apoiada por súa nai ata que súa nai entendeu todo. O seu máximo apoio era o seu avó, que sempre a entendeu dende nena.

Non me pareceu un libro complexo de ler, e o vocabulario que se emprega enténdese case á perfección exceptuando algunhas palabras.

Uxía Mariño Parafita (3º ESO B)

A min esta novela gustoume bastante e pareceume fácil de ler, tamén ten un vocabulario axeitado para a idade que recomenda o libro.

O meu personaxe favorito é Xela porque ela ten claro que quere ser un rapaz e ata que o consegue non para e o personaxe que menos me gusta e a avoa porque aínda que Xela non quere poñer vestidos ela séguellos comprando.

O momento que máis me gustou do libro é cando Xela non quere poñer saias e súa nai como sabe que si ou si ten que poñelas, porque é un colexio de monxas, dille que ao chegar a casa podía cambiarse.

E o momento que menos me gustou foi cando a mestra lle mandou cambiar o debuxo porque dicía que se vía coma un neno, cando ao principio da clase lle dixera que se debuxaran como eles se viran.

Eu este libro recoméndoo cen por cen porque che mostra unha realidade, a de que moitos nen@s agora se senten do xénero contrario. Eu creo que este libro o entendes perfectamente con 12 anos.

Nerea Sánchez Castro (3º ESO B)

O meu momento favorito é cando Alex coñece a Ana, a súa amiga que ao final acaban namoradas.

E o meu personaxe favorito é o avó, o cal axuda moito a Álex, axúdao a sentirse como é, a que vista da maneira que máis lle guste e a que xogue co que prefira.

O libro é moi interesante e sinxelo de ler, xa que o interese do tema engancha moito, ata que o acabas non dás parado.

Non faría cambios porque no libro está todo axeitado e presenta unha orde correcta dos acontecementos.

En resume, este libro está moi ben e recoméndollo a todo o mundo, pola gran mensaxe que nos transmite.

Carla Lema Domínguez (3º ESO B)

O libro gustoume bastante, xa que dá a coñecer, por medio dun relato, a vida que levan os transexuais e axuda á sociedade a poder comprender que esta situación non é fácil, nin para eles, nin para os seus familiares e amigos ou amigas e intentar respectalos/as.

Relata a historia dun mozo transexual. El non se sentía identificado co sexo que lle asignaran ao nacer, sentíase un neno. Nesta historia vai narrando como vai cambiando a súa identidade, cousa que non é fácil. Case das primeiras cousas que fai é cambiarse o nome, de Xela a Álex.

Relátase a súa vida, dende que era pequeno ata a súa adolescencia, e os cambios que vai facendo neste período.

Pareceume moi fácil de ler, pola súa sinxela expresión e o seu vocabulario fácil de entender.

O personaxe que máis me gustou deste libro foi o avó de Álex, xa que o apoia e todo momento e anímao cando o encontra un pouco triste polo que lle din os demais, e pola súa frase “ O que non se di é coma se non existise”

Recomendaríavos lelo xa que mostra como viven os transexuais, dunha forma entretida e á vez aprendes cousas novas sobre eles.

A min este libro gustoume moito porque che engancha e é doado de ler.

Sara Gómez García (3º ESO B)



martes, 7 de xuño de 2022

Book tráiler (CXIX): A casa da luz, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa da luz, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXVIII): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño. Realizado por Iria Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro Rastros, de Roberto Vidal Bolaño (col. Teatro. Positivas, 1998). Realización youtubeira: Iria Castro Noya, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXVII): Matilda, de Roald Dahl. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Matilda, de Roald Dahl, tradución de X. Miguel Barros (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

domingo, 5 de xuño de 2022

Book tráiler (CXVI): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXXI): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala

Atranco no banco. Manuel Núñez Singala. Galaxia 

Para min este libro é moi interesante debido a que dende o meu punto de vista ten moi bos personaxes e todos contan cun protagonismo bastante parecido, quitando a muller de Serafín que aparece algo menos, ademais a introdución dos personaxes parece moi boa sobre todo a dos atracadores. 

O tema é moi entretido debido a que constantemente está pasando algo importante e ademais disto ten constantemente momentos cómicos que acompañan moi ben a obra. 

E para min foi un libro bastante sinxelo de ler debido a que non ten unha linguaxe para nada complicada e ademais é un texto curto e coas letras bastante grandes. 

É un libro moi divertido porque ten moitos chistes e neste sentido é moi recomendable porque se queres botar unas risas pois eu ata lendo no libro boteinas. 

Definitivamente eu recomendo esta obra porque para min foi o libro máis gracioso que lin e ademais é moi entretido durante toda a historia e ten un final moi bo na miña opinión. 

Raúl Ferreira Parente (4º ESO)

Persoalmente o momento que me pareceu máis importante foi cando Serafín colleu a pistola de fogueo que lle regalara Lois e apuntou a Rafael con ela, porque grazas a que Serafín espertara foron capaces de abrir a porta, xa que grazas a ser o director do banco tiña a chave e colaborou cos ladróns intentando abrir a caixa forte.

Pareceume unha obra de teatro moi entretida e emocionante, xa que nunca te aburres e en todo momento estás con gañas de saber o que vai pasar a continuación. 

Se tivera que facer algún cambio no libro sería o final, porque creo que o libro remata cun final demasiado aberto que te deixa con gañas de saber que pasou ao final. 

Este libro é moi fácil de ler, xa que non usa un vocabulario moi complicado e ademais é un libro moi curto que se le en pouco tempo.

Pablo Codesido Fernández (4º ESO)

Book tráiler (CXV): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXIV): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

sábado, 4 de xuño de 2022

Book tráiler (CXIII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXII): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CXI): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CX): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Book tráiler (CIX): Formigas, de Tucho Calvo. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Formigas, de Tucho Calvo (col. Mandaio. Biblos, 2012). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

Conta de Libros (XXX): Papiroflexia, de Fernando Castro Paredes

Papiroflexia. Fernando Castro Paredes. Galaxia 

A min este libro gustoume moito, por unha parte penso que é sinxelo de ler polo simple motivo de que sexan tres historias diferentes, pero por outra tamén opino que estaría ben que fose unha obra cunha soa historia. 

O autor destas historias é Fernando Castro Paredes, este é o primeiro libro que lin deste autor, aínda que xa tivera oído falar doutros libros deste como A Derradeira Bala

Gústame como nomea as personaxes porque así son máis fáciles de aprender sobre todo para lembrar na lectura. 

En canto á linguaxe paréceme un libro moi sinxelo de ler e cun vocabulario actual, tamén me chama a atención os temas que intenta reflectir nas historias. Se tivera que escoller unha historia escollera a terceira porque foi a que máis me chamou a atención. 

En conclusión a min persoalmente esta obra gustoume moito, enganchoume e lino moi rápido. 

Sonia Muíño Riomayor (4º ESO)

Conta de Libros (XXIX): O heroe, de Manuel Rivas

 

O heroe. Manuel Rivas. Xerais 

Este libro gustoume bastante, xa que dende o comezo da historia aparecen diferentes cuestións que te vas formulando, e que durante a lectura vas descubrindo. Enganchoume bastante, por isto mesmo, xa que queres saber quen son e que fixeron os diferentes personaxes que van aparecendo mentras transcorre esta historia.  

O tema da obra foi do meu agrado, á parte que ten trazos de ironía e sitúanos nunha época do pasado. 

O momento máis importante do libro para min, tamén xunto a un dos que máis me gustou foi o final, xa que non o esperaba así.  

O meu personaxe favorito é Arturo Piñeiro, alias Caronte xa que é un home moi sabio e carece de medo. Paréceme un home moi forte e valente ante calquera circunstancia que o poida sobrepasar. 

Non lle faría ningún cambio xa que me parece que está moi ben, tamén ao estar escrito como obra teatral faino mais dinámico.  

Lese rápido e sen problemas, aínda que no vocabulario hai algunhas palabras que non acabo de entender ben, mais conforme vas lendo, co contexto do texto podes comprendelo sen problemas.  

Sara González Castro (4º ESO)