Un
novo curso 2023/2024 e continuamos coa publicación deste apartado da
bitácora da Biblioteca do CPI Viaño Pequeno (Trazo) onde o
alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións
sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.
Desta volta vaise chamar Balda de Libros e a primeira alumna
en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho das
lecturas foi Lucía Rey Martínez (3º ESO). Velaquí a súa
recensión e as que chegaron despois:
22
segundos.
Eva Mejuto. Xerais
22
segundos é un libro que me gustou moito xa que trata un tema moi
importante que é a transexualidade. Ademais pareceume moi entretido
e emocionante.
Para
min, a parte máis importante do libro é cando Ánxela comeza a
sentirse un rapaz e pasa a chamarse Álex. Pola contra, a que menos
me gustou foi o final porque é un pouco triste e tampouco me agradou
o comezo do libro porque pareceume a parte menos emocionante do
libro.
Os
personaxes que máis me gustaron foron Xela/Álex xa que nunca se deu
por vencida e afrontouse ás posibles críticas da sociedade. Tamén
me gustou moito o carácter do avó porque era moi divertido e
apoiaba sempre ao seu neto. Outras personaxes que tamén me gustaron
bastante foron Ana, xa que era un gran apoio para Álex e unha das
persoas nas que máis confiaba, Adela porque paréceme unha personaxe
interesante e Cristina porque preocúpase pola saúde de Álex e
decide axudalo en todo o que pode. A personaxe que menos me gustou
foi a avoa Helena xa que sobre todo ao comezo non estaba de acordo
nalgunhas cousas que facía o seu neto.
O final cambiaríao
e poñería un máis feliz.
Este
libro de Eva Mejuto é moi doado de entender e ler xa que ten un
vocabulario sinxelo.
Recomendaríao
para todos os públicos pero en específico para as persoas que
nestes intres están pasando pola mesma situación e axudarlle a que
nunca deben renderse.
Lucía
Rey Martínez (3º ESO)
22
segundos
para min é un libro que, a pesar de que non me gustase moito, é
bastante atractivo posto que o tema do que se está a falar é
unha cousa que aínda hoxe en día é moi tabú. En xeral o libro
achega
un punto de vista moi interesante (xa que a persoa que protagoniza
este relato é Alex, un mozo transexual, xa
que antes do seu “cambio” a home, era unha nena chamada Ánxela).
O
que máis interese engade
é o tema de como
o tratan dende pequeno, naquel momento todos a trataban coma unha
nena, e aínda
que non quixera tíñase que aguantar. Tamén o momento no que ao avó
de Alex dinlle que ten un tumor cerebral, estas 2 cousas para min
foron moi importantes. Aínda así, despois todo empezaría a ir
mellor.
A
verdade é
que a noela
ten algunhas partes nas que non explica moi ben que pasa, por exemplo
cando Alex lle di a alguén que se
sente
coma un home en vez dunha muller, aí non explica como llo di, nin
como reacciona. Tamén algo que me gustaría cambiar é que o libro
relata todo dun xeito moi rápido e pouco explicativo.
Diego
Vásquez Fernández (3º ESO)
O
libro pareceume entretido, interesante e emocionante. Conta a vida de
Xela e de como mudou a súa vida despois de cambiar de xénero a
Alex. Fala dun tema moi importante como é a transexualidade e do
duro que é polas opinións da xente.
Para
min, o momento máis emocionante foi cando Xela/Alex falou por
última vez co seu avó.
O
meu personaxe favorito é o avó porque entende a Alex desde o
principio e incítao a que non o esconda e tamén lle facía sacarlle
un sorriso a Alex nos momentos máis tristes. Á parte do avó, Ana
tamén é dos meus personaxes favoritos porque apoia a Alex no que
necesite. Outro personaxe que tamén me gusta é a nai de Alex
(Adela) porque aínda que ao principio non o entenda despois vaise
acostumando e aceptando a Alex. O personaxe que menos me gustou foi a
avoa de Alex, porque non quería aceptar que a Alex xa non lle
gustaban as saias nin os vestidos. Tamen hai máis personaxes como
Anxo, un rapaz que ao principio non lle caia moi ben Xela/Alex pero
que ao final sabe entender a situación.
Non
faría ningún cambio pero se o tivera que facer cambiaría o final
porque é un pouco triste por algo máis feliz.
Para
min o vocabulario era un pouco difícil de entender pero o libro lese
moi rápido.
Lidia
González Rey (3º ESO)
A min este libro gustoume
bastante xa que trata dun tema do que se debería falar máis hoxe en
día, nas escolas, por exemplo, xa que creo que falta moita
información sobre este tema, a xente “trans”, mellor dito
transexual.
Este
relato trata dunha nena chamada Xela a que ao final vaise
identificando cun neno que queda co nome de Álex. Ao principio da
historia cando aínda se chamaba Xela, ela xogaba ao fútbol e falara
co capitán para preguntarlle se podía entrar no equipo para xogar
os partidos na fin de semana. El burlouse dela e chamoulle marimacho,
só polo simple feito de ir querer xogar no equipo. Por iso ao
final
do libro cando xa se ía meter no proceso da testosterona pois
gustoume porque ía ser o que quería, un rapaz.
Á
parte do contido do libro e de que era bastante curto e cun
vocabulario doado tamén me gustaron algúns personaxes como o avó
de Xela, xa que era un señor moi bo e amable, e sempre tiña moi
boas intencións xa que intentaba facer rir a xente sempre que podía.
E encantoume que sendo un avó que o apoiara en todo o que decidise
facer Álex. Tamén me gustou moito Ana, á parte de Xela, porque
sempre a apoiou ata foron xuntas a consultas coa psicóloga. E por
último sua nai, foi un pouco dura nalgúns aspectos como por
exemplo, coa roupa, ou co peiteado. Ao final tamén lle deu o seu
apoio e non estivo sempre ao seu lado como o seu avó.
Carla
Caramés Rivas (3º ESO)
A
min gustoume moito o libro porque serve para poñerse no sitio das
persoas que pasan por iso, xa que fai uns anos era moi mal visto.
Tamén me gustou en si a historia porque é moi bonita, sobre todo
cando súa nai, seu avó e Ana o apoiaron nas súas decisións cando
máis o necesitaba polos comentarios da xente, ou cando o
discriminaban por ser el mesmo.
O
personaxe principal é Alex, é un rapaz que só quería ser el mesmo
sen importarlle a opinión da xente, pero a persoa que máis lle
importaba o que pensase era súa nai, porque sabía que cando estaba
a facer a transición botaba de menos cando era unha nena pequena e
lle facía as coletas.
Como
secundarios están Ramón (o avó de Alex), Adela (a nai de Alex),
Ana (unha amiga de Alex que acabou sendo a súa moza) e Cristina (a
súa psicóloga). Todos estes axudárono, cada un á súa maneira,
algúns mellor e outros como puideron.
O
meu personaxe favorito é Ramón, porque sempre apoiou a Alex sen
importarlle nada máis. E tamén leva todo sempre con humor.
Independentemente do mal que estivese, sempre intentaba sacarlle a
xente un sorriso, e sempre daba a cara por Alex cando o necesitaba e
tamén o consolaba cando esta triste.
Ainhoa
Leis Ríos (3º ESO)
22
segundos de Eva Mejuto
é unha novela que debería ser de lectura obrigatoria na ESO, pois
trata un tema de grande importancia como é a transexualidade. A
través da historia de Xela, que é en realidade Álex, un neno
transexual, pódese ver cal é a realidade das persoas transexuais e
o que sofren por iso ata que non se aceptan e non son aceptadas.
Vemos
coa súa historia que é un camiño difícil pois primeiro tes que
aceptalo ti mesmo e despois, debe aceptalo e apoiarte a túa familia.
O
meu personaxe favoritao é o avó de Álex xa que o apoia en todo
momento e é grazas a el que Álex decide crear o blog para compartir
a súa historia pois como dixera o seu avó “O que non se di é
coma se non existise”.
A
aprendizaxe desta novela é moi grande, Álex explica a súa
transformación mostrando os pasos tanto físicos como mentais que
debe seguir. Por iso, é recomendable a súa lectura pois se algunha
vez nos atopamos cunha situación así, poder facernos unha idea do
que esa persoa esta a sufrir e axudala en todo momento.
Lara
Piñeiro González (3º ESO)