Non queremos marchar de vacacións de Semana Santa, , sen reseñar o que consideramos o melloriño do acontecido no centro no 2º trimestre recén rematado: "Os maiores contan aos pequenos".
Na xornada do día 28/02/11 celebrouse o evento chamado “Os maiores contan aos
pequenos” que consistiu en que varios grupos formados por algúns alumnos de 3º e 4º
de ESO, prepararon unhas “contadas” para os pequenos de infantil e primeiro ciclo de primaria.
O primeiro grupo de contacontos formárono Joge Portos, Agustín Calviño e Alba
Viqueira (narradora).
O conto que interpretaron foi A mosca chosca, nel, Jorge interpretaba a mosca chosca
e Agustín a todos os invitados da mosca chosca. Utilizaron peluches para distinguir os
diferentes personaxes.
Nota do grupo: 7
O segundo grupo, en realidade un só contacontos, que foi Ivan Portos, contou o
conto chamado Mateo.
Nota: 5.99, é decir, 6
O terceiro grupo formárono Laura Otero , Alba Viqueira, Alba Ramas e Andrea Louro.
Representaron A ratiña presumida
Laura era a ratiña, Alba Viqueira, dous dos pretendentes,o galo e o touro, e Alba Ramas interpretou os restantes (o gato, o can e o ratiño).
Nota: 9
O sexto grupo formado por Esther Iglesias, Samara Fraga, Beatriz Bardanca e
Nuria Calo e o narrador, Adrián Paz, interpretaron o conto Os tres porquiños.
Nota: 5.9
O último grupo foi o formado por Sonia e Nuria Calo, Ricardo Rodríguez
e Iria Vales. Representaron o conto chamado A noite que Martiño tivo ganas de mexar.
Nota: 7.9
A representación especial da xornada estivo a cargo de Bertín Iglesias, Iván Portos,
Agustín Calviño, Esther Iglesias e Samara Fraga que representaron o conto musical Os tres osiños. Hai que resaltar o gran traballo do seu director Ignacio Portela, profe de música.
Nota: 9.1
Tamén houbo "enviados especiais" de 3º ESO: Alex Cancela, Marcos Casas, Alberto Pardal e Jose Manuel García, que comentaron ao respecto dalgúns dos contos o seguinte (sen piedade) :
"Alba Viqueira como narradora botouse a rir, menos mal que o puido arreglar"
"Cando contou Iván Portos o conto de Mateo, ao rematar os rapaces pedían OU-TRA, OU-TRA..."
" Gustáronos os bicos do conto da ratiña" (Isto non o entendemos moi ben)
"Cando Richi fixo de narrador, o público tivo que esperar moito, e ademais botouse a rir mentres lía"
"Destacamos os efectos especiais sublimes do conto dos tres porquiños"
Estamos estudiando a posibilidade de subir ao blog as fotos e os vídeos do evento, pero as novas tecnoloxías van chegando amodiño á biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario