Onte pola tarde disfrutamos dun programa de actividades diferente do habitual. Co gallo de celebrar o mes/día das letras galegas (cun certo retraso, alleo á nosa vontade), compartimos tertulia arredor de documentais sobre a figura de Lois Pereiro, para logo desfrutar do concerto de Vicky Pollard, un grupo pop-rock de nova creación que animou a tarde, poñendo música aos poemas de Lois Pereiro e compartindo connosco temas propios e alleos.
Á espera de imáxenes do concerto de onte, déixovos cunha das primeiras presentacións do grupo que podemos atopar no Youtube. Neste tema que eles titulan "Vencido" misturan versos do poema "Cartografía" :
Cal morto xa
ou vencido
falo sen min
e durmo
no desastre
Debera ser posible
facer mapas do odio
e os húmidos monólogos
das cisternas
de noite
descifrar
co epitafio que Lois deixou dito que puxeran na súa tumba:
Cuspídeme enriba cando pasedes
por diante do lugar no que eu repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria.
Podes velo aquí:
Ademais, queremos compartir convosco un traballo ben elaborado sobre Lois Pereiro polo alumnado de 6º de Primaria do noso CPI. Gustounos moito. Aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario