luns, 12 de decembro de 2011
Un poliporo dos montes de Trazo
(Fotografía do arquivo persoal de José María Costa)
Lembrades a José María Costa? Foi o micólogo, membro da asociación Pan de Raposo, que veu a darnos unha palestra sobre “Iniciación ao mundo dos cogomelos”. Hai pouco enviounos esta fotografía dun “Trametes versicolor” atopado na contorna de Trazo, e contounos:
“Estiven o pasado sábado polos montes de Trazo e atopei este fermoso poliporo moi navideño. De feito é usado tradicionalmente despois de bañalo en laca para adornar os centros de mesa ou para acompañar os motivos do nadal. Os ingleses, tan amantes eles dos animais, coñéceno co nome popular de "Turkey tail", cola de pavo. Como moitos poliporos posúe propiedades antitumorais e del sacouse un extracto, coñecido como Krestin, utilizado en veterinaria para aliviar doenzas terminais en cans e gatos”.
Máis unha vez, moitas grazas Costa por compartir a túa sabedoría micolóxica. E lembrade que na nosa biblioteca hai novos libros sobre cogomelos e nun deles poderedes atopar un interesante traballo de José María Costa. Animádevos a saír aos cogomelos, que as fortes xiadas aínda non os fixeron desaparecer.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario