![]() |
Cristina no centro, rodeada d@s compañeir@s |
Celebrouse un ano máis o certame de redacción e investigación histórica Falemos da nosa historia, organizado polo Equipo de dinamización da lingua galega do CEIP López Ferreiro, en colaboración coa Universidade de Santiago, que nesta ocasión chega á súa oitava edición co lema En tempos de María Castaña.
Estamos contentísim@s porque o 3º premio foi para Cristina Deus García, alumna de 2º da ESO . A nosa Cristina!!
Queremos felicitala ademais por ser a máis "leoa" do centro, pois agora que andamos a facer memorias, balances e estatísticas de final de curso, descubrimos que ten sido durante este curso a "número un" en préstamos da biblioteca. Non nos sorprende. Estamos acostumad@s a vela entre as estanterías á procura dalgún tesouro escondido. O libro está alí, agardando por ela, e Cristina sábeo ben. A tod@s nos agardan libros na biblioteca, escritos e colocados alí especialmente para nós; para asombrarnos, facernos rir ou chorar, pensar ou non pensar....Ainnnsss!! Cantos libros sofren porque aquela "personita" pola que agardan non da aparecido....
Onte escoitamos unha conferencia do escritor, editor e profesor Víctor Freixanes, nas V Xornadas de Clubs de lectura ás que asistimos varios membros do equipo da bilioteca, que moitas veces o alumnado comenta cando o profe agarda pola súa resposta:
" Profe, eu seino, pero non atopo as palabras para explicalo".
Sabedes onde están todas esas palabras que vos faltan? Nos libros que agardan por vós.
Cristina descubriuno hai tempo!!
A continuación podedes ver un pequeno vídeo da entrega de premios:
10 comentarios:
NORABOA CRIS!! :)
Moitas felicidades Cris keremoste eres a mellor segue asi ke vas chegar moi lonxe.
A verdade e que non me esperaba que gañara ela pero noraboa. O recimimento da escola foi moi boa
Noraboa Cris, porque ti o mereces!!=D
Felicidades Cris, ke kontos coma
os teus nn ai moitos!!
jajja, merecias ganar, enoraboa!!
:)
Que mala sorte que non se poda ver o video pero con que pasamos nos os de 2º eso foi o mellor video que hai na vida
Creo q solucionamos o do vídeo e xa se pode ver. Grazas por comentar, chic@s!!
De nada Asun, un pracer!:-)
Xa se ve o video que gañas tiña de volver a disfrutar da entrega de premios
Tiñan que grabar desde o principio :))
Publicar un comentario