Non queremos rematar sen felicitar a Noelia Casas (1º ESO) e a Marta Otero (2º ESO) polos seus premios de poesía e de redacción dun conto, respectivamente. A primeira no concurso organizado polo IES María Soliño de Cangas, e a segunda polo concurso organizado pola Consellería de Agricultura e Medio rural. Grazas tamén a tod@s @s que vos pasades por aquí deixando algún comentario. Queremos dar as grazas tamén a tod@s @s que participades nas actividades que organizamos dende a bilioteca e o club de lectura. Nada ten sentido se non é pola vosa participación. Para nós é o mellor xeito de comprobar que vos parece interesante o que dende a biblio imos organizando.
Agora veñen un par de meses por diante para descansar e ir preparando o que haxa que recuperar en setembro...que logo chega.
Vémonos á volta!!!
7 comentarios:
Que ben xa chegou o verán!! 8D
Moitísimas felicidades a Noelia e a Marta, noraboa!
Tamén moitísimas grazas polos agasallos.
Síí,chegou o veráán!! :))
Jennifer,gracias :3
Asun tamén grazas por colgar isto :D
E tamén grazas polos agasallos da biblioteca.
Se participamos no blogue é porque ten moitas cousas interesantes e divertidas ás veces.
Unha aperta e felices vacacións!! BD
De nada Noelia, ti merécelo!
E noraboa a tí tamén polo de Estalmar, ti tamén o mereces!! :)En realidade merecémolo tod@s @s que participamos nalgo,pois alo menos intentámolo.
Moitas grazas Noelia, estou dacordo contigo tod@s o merecemos!!
Non mas des Jenni! Só digo a verdade!
Moitas Grazas Biblioteca Trazo, desfruta ti tamén do verán que no septembro volveros a vernos
Publicar un comentario