Males de cabeza é
un libro de relatos de Fran Alonso que se atopa na listaxe de lecturas para o
noso alumnado de 4º da ESO na materia de Lingua e Literatura Galega. Na
bitácora de Xerais, editora do volume, infórmanos que xa se pode visionar unha
curtametraxe baseada nun dos relatos que fan parte do libro.
Velaquí a anotación
que realizan no blogue de Xerais:
«Xa se pode ver na
rede o vídeo de Carapuchiña e
o pobo feroz, curtametraxe producida por Que conto producións
baseada nun relato co mesmo título de Males de
cabeza, de Fran Alonso. A película, que logrou o Sacho de Ouro á
mellor curta no Festival Curtello 2011, está dirixida por José Araújo
e protagonizada por Toni Salgado (lobo) e María Roja (Carapuchiña), Gloria Sampedro (avoa), Nani Matos
(pai), Graciela Riobó (bruxa), Antonio Barreiro e Alberto Ardid. Na páxina de Que conto producións en
Vimeo poden verse tamén as versión dobradas ao italiano, ao inglés, ao francés
e ao castelán».
E aquí o resumo que aparece en Vimeo:
«O Lobo vive só nos bosques. Hai tempo que non
ten unha manada coa que estar, e considera que xa é o momento de compartir a
súa vida con alguén. Un día coñece a Carapuchiña, unha fermosa rapaza filla dun
rico terratenente. Fan moi boas migas, e empezan a pasar moito tempo xuntos.
O que parecía unha relación soñada, vaise converter para o Lobo nun pesadelo cunhas consecuencias fatais».
O que parecía unha relación soñada, vaise converter para o Lobo nun pesadelo cunhas consecuencias fatais».
5 comentarios:
Vaia,que boa adaptación.¡Encántame! ^^
Jajaja que boa adaptación.
Jajajaja,a mín mátame cando lle o pai lle apunta cá pistola!Pobre!
Xa a min tamén me encanta esa parte.
Pois vou deixar cargar o video e preparar unhas boas palomitas... A cortonometraxe Promete!!!!
Publicar un comentario