Este libro ¡Balea morta ou lancha a pique! ten bastantes personaxes.
Está ben para as persoas da
nosa idade, e para outras tamén, porque utiliza un vocabulario con palabras non
moi descoñecidas, e aínda que haxa algunha descoñecida pódela mirar no dicionario
e entenderíase sen dificultade ningunha.
O autor Jaureguizar fixo ben en escribir este libro porque é unha
novela xuvenil.
E non é difícil de ler está
dividido en nove capítulos, cada un cun título e é moi entretido.
A escena máis interesante para
min foi a de João porque foi á captura da balea branca ata que a colleu pero
logo morreu.
O final pareceume moi
interesante porque a balea Dolly Dick lle daba golpes á barca cando a foron
capturar para que non a colleran.
Recomendaríao que o lese quen poida e quen teña tempo
porque é unha historia que non empeza moi entretida pero que logo segues lendo e non o deixas ata que o
terminas.
Margarita Pombo Castro (3 PDC)
2 comentarios:
Isto non ven sendo a histoia de Moby Dick??¿¿
Iso parece...Haberá q preguntarlle a Miro ou a Margarita...Eu non o lin
Publicar un comentario