Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 7 de decembro de 2012

Di NON aos regalos estereotipados

Sabemos que o alumnado está a traballar nas titorías o tema dos regalos estereotipados e/ou a publicidade sexista, boa reflexión nestas datas de consumo desenfrenado....

Dende o blog queremos poñer o noso punto reflexivo mediante imaxes e artigos que imos atopando pola rede. Aquí vos deixamos o primeiro.

 Gustaríanos moito que deixarades algún comentario sobre o tema, que o tedes comentado na aula e seguro que as vosas opinións e comentarios son ben interesantes....



Foto vista no Facebook (Enrédate sin machismo)

4 comentarios:

R_7_Tauro dixo...

Eso é imposible, antes de nada tiñan que cambiar os anuncios de xogetes, porque os nenos o que piden é o que lles gusta da tele, normalmente.
Fixádevos na tele e no que intenta dicir, nenas=muñecas; nenos=coches...

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

A tele nos manipula a tod@s, pequen@s, adultos...Moi boa reflexión, R-7 Tauro (?). Tal vez hai moitos intereses en q os anuncios non cambien, pq hai moito en xogo: estereotipos q deixarían de ser inculcados xa desde cativ@s. Isto non interesa a moitas empresas q viven de q os estereotipos perduren, e mulleres e homes sigan consumindo o q eles queren.

Carmen Trazo dixo...

Paréceme moi interesante reflexionar sobre los anuncios e falar delo. Tamén poderíamos fixarnos na publicidade dirixida aos adultos

Noelia Casas García dixo...

Creo que isto é verdade,eu cando era pequena regaláronme unha cocinita de xoguete,e parece que a cousa pintou ben.
Porque,tanto xogábamos eu coma meus primos coma miñas primas,e a min sempre me gustou xogar con tratores es coches de xoguetes.
Pola contra,noutras casas é a muñequita para a nena e o coche para o neno,para que se acostume.PARA QUE SE MAL ACOSTUME.