Poderosa, Sérgio Klein, Xerais
Un dos momentos que máis me gusta é cando Joana vai
onda Júnior xa que descubrira que el era o seu admirador secreto. A pesar de
que el era moi tímido e calado bícaa na fronte, na fazula, na punta do nariz e
de aí á boca. E así os dous coma dous namorados bícanse profundamente.
Este libro gustoume moito, foi dos que máis me
gustou. Identíficome moito con Joana e coa súa vida xa que ela seméllase moito
a min e moitos dos problemas que ten sonme moi familiares.
Eu non faría ningún cambio, pois todo está moi ben
pensado e escrito.
A lingua foi moi fácil de entender xa que tampouco é
unha lingua moi culta e o libro tamén o foi, a pesar de que ten bastantes
personaxes e que tamén hai varias historias neste que se mesturan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario