Aproveitando que se acerca o San Valentín...e como ás veces tod@s vemos amores por aí que nos producen un sentimento ou unha sensación de "Que horror!!"...
...abrimos aquí unha sección compartida que imos chamar "Horrorosas cancións de amor", para darnos un paseo por esas horribles relacións acompañadas de horribles sentimentos (que nos fan sentir tan, tan mal...que tal vez teñan pouco de amor que goza de boa saúde, que nos debe alegrar a vida, e non convertir os nosos días nunha tortura).
Ademais, penso que aínda nos vai dar para rir un pouco. (Asun promete, ademais, traballar nas aulas algunhas das cancións que propoñades)
Instruccións para participar.
Enviade ao correo da biblioteca
1. Breve comentario sobre por que pensas que o tema describe un "horroroso amor"
2. Letra da canción (atópanse facilmente en Internet, para poder apreciar ben os "horrores")
3. Vídeo e/ou audio da canción
Por exemplo : Sin ti no soy nada de Amaral
Comentario: Non estamos dacordo con ese sentimento horrible de que non son nada sin ti, é falso. A realidade moitas veces é que sin ti podo ser moito, e por suposto, sirvo para un montón de cousas. Tal vez ata serei máis feliz que estando contigo.
|
4 comentarios:
Non ha ser moi difícil de atopar cancións así sobran..
Grazas pola túa participación, Noelia, moi acertada, coma sempre. Ímola subir xa.
Se nos fixamos na letra, a mitade das cancións son de "amor horroroso".
Pois si, Jennifer, haberá q buscar se algunha é axeitada...
Publicar un comentario