No Club de lectura no primeiro trimestre limos un libro
titulado Palabras de caramelo do autor Gonzalo Moure.
A historia desenrólase no Sáhara, o protagonista é
Kori, un rapaz saharaui xordomudo. Na escola especial a que
el iba, so debuxaban, aprendían a atarse os cordóns... as cousas máis sinxelas
para poderse defender eles solos. Kori, ao ser xordo, non sabía o que dicían as
demais persoas, salvo os nomes que recordaba polos movementos dos beizos. Por
exemplo: El era Kori (boca pechada, boca estirada), e súa nai Mahfuda (beizos
pechados, boca aberta, boca pechada, boca aberta). Kori non sabía que os camelos non falaban, porque ao
regurxitar a comida movían a boca e os beizos, polo tanto Kori pensaba que os
camelos falaban.
A Kori gustábanlle moito os animais, pero en especial un: O
camelo. No Sáhara os camelos son animais de gando, como aquí as vacas.
Criábanas e cando se facían maiores sacrificábanas.
Os tíos de Kori tiñan unha camela, e, cando saía da escola,
sempre ía ver a camela. Un día Kori ía ver a camela e , ao chegar, tiña unha
cría, a que Kori decidiu chamarlle caramelo, pola súa cor.
Kori aprendeu a escribir e sempre que ía ver o camelo levaba
papel e bolígrafo para anotar o que o camelo lle “dicía”. Kori fíxose moi amigo do camelo, o camelo foi medrando e
chegou a hora de sacrificalo, pero non quixeron dicirlle nada ao neno. Kori ao
final acabouse enterando e decidiu marchar co camelo ao deserto do Sáhara. Ao
final o seu pai e o seu tío fóronos buscar ao deserto porque senón morrerían
sen auga e comida.
Chegou o día do sacrificio e Kori foi co seu tío e dous
honorables homes do poboado a ver como sacrificaban ao camelo. Levou con el
papel e bolígrafo para anotar todo o que lle dicía o camelo antes e durante o
sacrificio. O camelo empezou a mover os labios e o seu tío degolou a cabeza do camelo, o cal
berraba e movía os beizos. E Kori aguantou durante o sacrificio e viu como
mataban ao seu mellor amigo. Ao escribir todo o que seu amigo, o camelo, dicía,
saíulle un poema que en realidad escribira el, porque os camelos non falan.
Kori medrou e seguiu escribindo poemas, ata que se fixo un
xoven poeta moi reconocido en todo o país. O poema que Kori escribiu chamouse
“Palabras de Caramelo”, como o seu amigo o camelo.
O que máis me gusta do conto e que Kori non se separou do
seu amigo ata nin sequera á hora da súa morte.
Valoración persoal deste libro: 8
2 comentarios:
Moi ben por compartir con todo nós a túa lectura. Así animas a que o club siga e non se pare. É un privilexio poder contar con esta actividade. Asi que, Ánimo e a seguir lendo!
Gustoume moito o libro porque é unha mestura de tristeza e alegria.O que mais pena me dou foi cando Kori se interou de que o tiñan que matar. Pobre...
Publicar un comentario