Por Juan Ramón Gallástegui Otero (profe de Física e Química)
Hoxe venres 15 de febreiro de 2013,
visítanos un asteroide. Este asteroide, duns 50 m de diámetro, pasará relativamente cerca da Terra, a uns 30
000 km (os satélites da TV están a 36 000 km)
Teremos
pois a posibilidade de observar un fenómeno pouco frecuente.
No seguinte gráfico (Gráfico NASA /
JPL / NEO Program Office / S&T) pódese
comparar a distancia á que pasará o asteroide coa órbita dos satélites de
comunicacións
Poderase ver con axuda duns prismáticos. Consellos para
poder velo:
- Situarse nun lugar no que
se vexa o horizonte norte- leste.
- Que estes oscuro e sen
contaminación lumínica.
- Só podemos ver o asteroide mentres
se afasta de nos na súa traxectoria. Por iso, será máis brillante ao
aparecer sobre o horizonte,
perdendo brillo co paso do tempo.
- A observación con prismáticos é recomendable durante a primeira hora de visibilidade. A medida que se afaste y se faga máis feble suxerimos apuntar cun telescopio a unha zona do cielo pola que se sepa que vai pasar e esperar o seu paso.
- O asteroide pasará aproximadamente dende a dereita da cola da Osa Maior cara a estrela polar.
- Non se verá como un pedrusco lanzado ao
aire. O meteorito será percibido como un obxecto luminoso que avanza a
gran velocidade no ceo. Como unha estrela fugaz, pero que neste caso ao
ser observada cos prismáticos non se apagará ata que saia do alcance dos mesmos.
.
Este é o mapa para facer a observación do asteroide dende
Santiago (nas proximidades os datos serán parecidos), tomado da web http://heavens-above.com
4 comentarios:
Eu non o vin jo!
Pero ao final non caera en Rusia???
Houbo 2 un meteorito que caeu en Rusia e un asteroide que se puido ver no ceo dende aquí. Para saber Máis, pregutádelle á profe de Ciencias Naturais.
Jooooope, eu non o vin!!!
Publicar un comentario