Este libro gustoume bastante, aínda que o principio fíxoseme un pouco aburrido, porque non acontecía nada interesante na vida dos personaxes da aldea de Eiravella.
Aínda que polo medio estivo moi ben, porque iso de que se puideran meter dentro dun cadro con só poñer o pé enriba del, e despois saír por unha simple porta que ti debuxes, non mo esperaba para nada neste libro.
E un dos momentos que máis me gustaron foi cando estaban dentro do cadro da Torre e foron a rescatar a Pumariño á cima da Torre, a pesar do medo que tiñan por se os gardas os atrapaban e non podían regresar ás súas casas. Eles puxéronlle valor e foron, xa que Pumariño era un gran avó para todos eles e o querían moito.
Respecto ao final, está moi ben e tamén é divertido pola forma en que os rapaces lle responden ós pais, todos da mesma maneira, cando chegan ás súas casas para cear despois de ter vivido aquela experiencia tan “rara”, pero o mesmo tempo tan bonita e emocionante para eles e tamén para Pumariño.
Belén García Lijó (3º ESO)
O libro ten moitos momentos bos, pero os dous que máis me gustaron foron cando ao final da historia Duarte lle di que cando volvan o máis probable é que el xa non estea e Anxo acércase onda el e dille que nunca o esquecerá. Tamén me gustou moito cando os gardas os atoparon por primeira vez e se dirixiron a Pumariño de forma violenta. Entón Alicia púxose diante del, protexéndoo e defendeuno coma unha boa amiga.
O libro gustoume moito, aínda que hai momentos do libro nos que non se entende moi ben a historia, pero polo demais moi ben. Como cambios eu faría que o final fose un pouco máis emocionante, que tiveran que loitar algo máis para saír vivos, xa que Pumariño con só tirarlle o pucheiro xa logra tirar ao Señor da Torre no chan, sen máis complicacións. A lingua foi moi fácil de entender, xa que non utiliza unha linguaxe moi culta.
Cristina Deus García (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario