Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 6 de xuño de 2013

Andel de Libros (LV): Un conto de nadal, de Charles Dickens


Un conto de nadal, Charles Dickens, Xerais


A miña valoración para este libro é positiva. Aínda que non me gustou tanto como esperaba, xa que este é un clásico do Nadal que escribiu Charles Dickens.

Polo comezo e polo nó é bastante pesado, porque todo pasa moi lentamente, e iso aburriume moito mentres lía o libro. E aínda que non ten moitas páxinas, a min custoume lelo, porque como ó principio non o entendía moi ben, custa.

O mellor veu ó final, cando se lle apareceu a pantasma dos Nadais futuros, unha pantasma que, en verdade, daba medo. Tamén cando lle amosou unha caixa no medio dunha habitación moi similar á súa e que nela tiña un morto desgraciado tapado cunha saba, ao que ninguén o ía visitar. E logo, amósalle o seu nome gravado na súa propia tumba. Iso si que me gustou, porque dá un pouco de medo imaxinar á pantasma e a un cadáver só, no medio dunha habitación.

E creo que a conclusión deste libro era mostrarnos que na vida hai que gozar algo máis que dos cartos, ou seremos uns vellos e vellas amargadas e solitarias.

Belén García Lijó (3º ESO)

Ningún comentario: