O libro gustoume,
aínda que é unha historia triste.
Non entendo como
Helena abandoou a súa filla por uns libros, entendo que lle recordaran ao seu
home, pero Manuel xa estaba morto e a súa filla non, creo que a maioría das
nais loitarían por volver a estar coa súa filla.
Gustoume o forte
que se mostra María durante case todo o tempo da historia, pero non entendo
como pode chegar a odiar tanto a súa nai, porque, ao fin e ao cabo, nai só hai
unha.
O libro é fácil
de ler, pero o dato que dan ao principio do libro ( Helena, muller nova e María,
muller maior) despista e confunde moito, pero despois durante a lectura xa se
dá unha conta de a que se refire.
Marta Brea Martínez (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario