-->
Criminal é unha novela de Xurxo Borrazás. O libro é unha narración de elementos de carácter onírico e realista.
Esta
historia é un exemplo de concisión estilística, na que se empregan
as palabras necesarias.
A tensión coa que se van narrando os sucesos fai que queiras seguir
lendo, pero unha
cousa que non me gustou nada foi que dun capítulo a outro, cambia
bruscamente de tema.
E iso fai que o libro sexa unha enleada, un sarillo. Aínda así,
estivo bastante ben, iso si, o final non me gusta, xa que quedou moi
aberto.
Deberíanlle
engadir un par de cousas máis, como por exemplo, como acabou a vida
de Chucho,
o protagonista desta historia tan tráxica, que so comenta que se
arrepinte de todos os
asasinatos que cometeu, sobre todo, o do seu propio fillo.
Belén
García Lijó (4º ESO)
O momento máis importante do libro claramente, para min, é cando Chucho mata a Daniel, cravándolle o machado no lombo. Paréceme incrible que un irmán poida matar ao outro sen importarlle nada, sen ningún escrúpulo e ata divertíndose.
O libro gustoume, aínda que me podía ter gustado máis, xa que ás veces a historia non se entendía moi ben, e mesturaba cousas. A verdade é que o xeito no que escribe este autor é moi orixinal; nunca lera un libro así. Tamén me parece que a historia está moi ben enmarcada, e ademais gustoume moito que a historia ocorrese nun lugar próximo a Trazo, xa que fai a historia moito máis real.
Un dos cambios que eu faría, sería facer a historia máis simple e contala dun xeito máis doado. Tamén sería máis fácil de entender se a historia se contase dun xeito lineal, segundo foran acontecendo os feitos, e non facendo flash backs polo medio.
A linguaxe non foi moi difícil de entender, salvo algunha que outra palabra ou expresión, que como corresponde busquei no dicionario.
Cristina Deus García (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario