Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 12 de decembro de 2013

Balda de Libros (XVI): As mans do medo, de Xosé Miranda



A miña valoración persoal é boa, gustoume este libro porque non ten palabras difíciles de entender e ademais ten unha linguaxe comprensible e fácil en xeral.
A historia que máis me gustou é a da ''Neve e a Cadeira'' porque o rapaz foi valente e quixo escapar do monstro, e marchou sen a súa cadeira, algo que demostra que aquel rapaz tiña forza de vontade e creo que quería demostrar que aínda que fose discapacitado daba igual, que non tiña fronteiras.
A verdade non faría moitos cambios, quizais dalgunhas palabras, que me parecen que non son entendibles; pero nada máis, porque o libro en si gustoume moito e é moi entretido de ler, os relatos engánchante fácilmente e non queres deixar de lelos. 
Realmente este libro encantoume, porque os relatos son curtos e moi entretidos, creo que o autor debería facer algúns libros máis destes, porque a maneira que ten de contalos paréceme boa e fai que os relatos sexan máis amenos.

Noelia Casas García (3º ESO)

2 comentarios:

danielgonzaleztrazo@gmail.com dixo...

Me parece que es un libro muy interesante. Ya por el título parece que es de miedo.
A ver si para el segundo trimestre lo leo. =)

Noelia Casas García dixo...

Danii!! Este libro está xenial, enserio,recoméndocho!