Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 10 de decembro de 2013

Balda de Libros (XIII): Os dous de sempre, de Castelao



-->

O libro gustoume moito. É un libro moi interesante porque mostra como se comportaban as persoas na época de Castelao. Mostra o que facía a xente para poder saír adiante, e o dura que era a vida para os pobres nesa época.
Tamén mostra a discriminación que sufrían as persoas por ser eivadas. Só respectaban as persoas polo diñeiro. Ensina a vida que tiñan os emigrantes.
Encántame que mostre as diferentes formas de afrontar a vida. Como a afronta Rañolas e Pedro. Son amigos pero afrontan de moi diferente forma a vida. Rañolas loita polas cousas pero Pedro se non consegue algo non loita porque Pedro é un preguiceiro que só pensa en comer e durmir, non ten ningun obxectivo.


Iria Fajín Casas (4º PDC)

Ningún comentario: