Este
libro gustoume bastante porque trata de diferentes historias cada
unha nun lugar, nun tempo e nun ambiente diferente.
Ten
varias historias distintas con diferente título como: Un mal
espertar, Un mal momento, Ti, Caída, Xersee esesene, Interior,
Mensaxe de amor, A man de amor, Unidos, Nada pola mañá, O trono e a
chuvia, A luz da lúa chea, Bollicao, No armario, Caín....
O
relato que máis me gustou foi "Mensaxe de amor", porque
era unha parella, o home estaba no traballo e pensaba sempre nela e
escribía nun papel o que pensaba pero era sempre o mesmo, e despois
tiraba o papel.
Tamén
me gustou o titulado "Nada pola mañá", porque era unha
persoa que andaba toda apurada porque se quedara durmida, pero fixo
todo apurada, almorzar, vestirse....
Algunha
historia é máis entretida que outra o igual que unha é máis longa
que outra...
Eu
recomendaría lelo xa que é entretido, bo de ler e aprendes palabras
novas e tamén axuda a coñecer vocabulario novo
Margarita
Pombo Castro (4º PDC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario