Se son sincera, este libro non me gustou moito, xa
que non o entendo moi ben nin lle vexo moito sentido á historia, ademais de
haber detalles como por exemplo o tren que ía sen ninguén ademais deles, que
non os entendo.
Aínda así, algúns momentos si que me gustan. O
momento máis importante, paréceme o momento no que o Belga cae ao mar e morre,
debido a que o narrador o tira cun pé; non o esperaba para nada.
Si que faría moitos cambios, xa que como ben dixen o
libro non me gustou moito, relacionados sobre todo coa historia en si, pois eu
non a entendín moi ben.
O que si foi bastante fácil foi a lingua, xa que
utiliza unha linguaxe bastante fácil de entender, o que compensa un pouco a
dificultade da historia.
Cristina Deus García (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario