Este libro gustoume moito,
xa que a min encántanme os contos de medo, misterio e intriga. Para min, as
historias que aparecían no libro eran moi entretidas, e léndoas pasábaseme o
tempo rapidísimo.
A historia que máis me gustou foi a de "A mirada de k", porque era a historia máis enigmática de todas, e tamén a que máis me enganchou debido a que estaba moi intrigado sobre o que podía pasar coa historia, non sabía se podía haber un xiro nela ou calquera cousa polo estilo.
Eu a este libro non lle faría ningún cambio, porque todas as historias están moi ben escritas, e entretén moito ao lector.
Diego Gutiérrez
Castiñeiras (3º ESO)

Este libro recoméndollo a
calquera persoa que lle gusten as historias de medo e de intriga.
O libro a min non me gustou moito, xa que os relatos que se contan no libro son coma todos os contos de medo, moi infantís para o meu gusto.
Á parte diso o libro estivo ben, o relato que máis
me gustou foi o de "O pozo", non sei por que nin sei explicalo pero foi o que máis me
enganchou cando o lin e o que máis me gustou.
O que menos me gustou foi "Os fillos de Hamlet" porque
é o típico relato de medo, era moi curtiño e non tiña nada de interesante e para min era
moi infantil.
O momento máis importante foi, por exemplo, no relato "O
pozo" cando a familia se mudou de lugar, xa que se non o fixeran pois
non pasaría nada do conto.
Cambios non faría ningún e o vocabulario non foi moi
complicado ó meu parecer e é moi infantil tamén para o meu gusto.
Adrián Ríos González (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario