Este libro
gustoume moito, a verdade é que me sorprendeu, nunca pensei que fora ler un
libro de teatro que me gustara tanto.
Gustoume
moito a forma que ten de mostrarnos que o que algo quere algo lle custa, pero
que ó final todo se pode acabar conseguindo.
O que máis
me sorprendeu foi que Marina aceptase sen poñer ningunha escusa para non ir con el para Rianxo, esperábame que pasase algún imprevisto que fixese quedar a
Marina.
Non sabería dicir que foi o que menos me gustou deste libro, xa que é moi
sinxelo de ler, os personaxes están moi ben caracterizados, ben talvez creo que
é algo complexo polo tema de que non se sabe porque desapareceu o mar, en
ningún momento o cita.
Polo resto un libro moi bonito que nos ensina o cariño que
lle temos ó lugar no que nacemos.
Alba Docampo Noya (4º PDC)
Esta obra de teatro gustoume por un motivo, porque
tratra sobre un mariñeiro que lle encanta pescar e lle encanto a seu traballo e a
min gústame o peixe, ben non todo e tamén me gustou porque fala dun barco grande de ferro que deben ser os barcos que transportan o petróleo e contaminan
moito.
Isto é unha realidade porque aínda eu me acordo do Prestige que manchou
toda a costa e deixouna toda negra, porque a día de hoxe aínda quedan restos. E
iso había que evitalo.
A min o momento máis importante da obra foi o final
cando os dous, Manuel e Marina, xuntos recuperan o mar.
O que non me gustou nada
foi o momento que a otra muller da obra quería cambiar a Manuel por outra
persoa que el non era. O personaxe que máis me gustou foi Mariña porque grazas
a ela recuperaron o mar.
Martín Mesías Remuiñán (4º PDC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario