Este é un libro interesante que engancha dende o
principio. Non é difícil de ler e ademais ten un vocabulario bastante sinxelo.
O final é pechado, (que é como me gusta) mais este non me gustou dado que me
parece que quedaría máis completo facendo que os rapaces tiveran unha historia
e se contara unha pequena continuación para aclarar o que vai ser deles e se
fan as paces e volven saír xuntos.
Os personaxes son redondos e e completos e moi
entretidos e penso que calquera se podería identificar con algún dos personaxes
dado a que as historias que lle pasan son moi comúns na vida real.
A miña parte favorita é a de cando están a punto de
chocar co camión e despois lles aparece a policía e se poñen todos nerviosos
por se os van a multar.
Eu recomendaríalle este libro as persoas que
intenten comprender mellor á xente dado a que seguro que sacan algo da súa
lectura.
Tomás Beiras Rivas (3ª ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario