Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 12 de decembro de 2014

Andel de Libros (VII): Trampa de luz, de Agustín Agra



A min a verdade é que este libro non me gustou moito, basicamente porque é bastante difícil de entender. 

Outra cousa pola que non me gustou moito o libro foi polo final, porque a min non me gustan os finais abertos, pero aínda así recoméndolle este libro á xente que lle gusten os libros de fantasía, de intriga, de misterio ou tamén de medo. 

O que máis me gustou deste libro foi o personaxe do campaneiro, pola intriga toda que fai pasar, e o que menos que gustou e que sen dúbida cambiaría sería o final, porque te deixa coa intriga.

Non me pareceu un libro moi realista, porque hai un personaxe que posiblemente sexa o causante de que sucedan moitas cousas que non son normais. 

Aínda así, se queres pasar un bo anaco de intriga e de misterio recoméndoche que leas este libro xa que é un libro corto e pódese ler en pouco tempo.

Adrián Landeira Pose (3º ESO)

A min este libro gustoume, pero non foi o libro que máis me gustou porque había bastantes palabras que non entendia, pero aínda así interesoume o tema.

O momento que máis me interesou foi a maneira na que o pai de Irene lle esinaa o mundo dos insectos e toda clase de animais e como ten que tratalos, sempre con coidado de collelos, e despois de collelos e fotografalos sen facerlle dano. É tamén lle explicou a diferenza que hai entre o imaxinario e o mundo real.

Non eliminaría ningún personaxe pois todos teñen a súa participación no momento adecuado.

O final do libro gustoume porque non me esperaba que sucedera así, porque o remate deste relato acabou cando Irene estaba remexendo no andel dos libro e entre os libros caeulle a campá da súa bisavoa e recordoulle o rapaz que tocaba a campá na praza.

Recoméndollo a toda a xente que lle guste o mundo dos animais e que sempre queren aprender máis.

Sergio Arias García (3º ESO)

O momento máis importante do libro foi cando Irene comeza a sospeitar do rapaz campaneiro, porque non cría que fora el o culpable de todos os acontecementos.

O final, non me causou ningunha sorpresa xa que  me esperaba que fora desa maneira, xa sabía que ía a ir á biblioteca a buscar información.

Persoalmente, o libro foi moi difícil de entender xa que había cousas moi raras e difíciles de entender, sobre todo o final da historia.

Este libro non me gustou nada, a pesar de que ten poucas páxinas, porque me resultou unha historia dificil de entender. Non llo recomendaría a ninguén, pero se tivera que recomendalo faríao a xente que lle gusten as historias de medo e de fantasía, porque na historia hai cousas que tratan sobre a fantasía e tamén cousas que dan  medo.

Manuel Vázquez Noya (3º ESO)

A min persoalmente non me gustou este libro porque é moi eslamiado e ao final non pasa nada e desde o principio aínda que é moi pequeno resulta custoso de ler porque non te engancha.

Do libro eu cambiaría que houbese algo máis escenas de acción para que o relato fose algo máis intrigante e que fora algo máis de aventuras.

Gustaríame que a nena protagonista fora en busca de probas para saber o que lle pasou a os animais.

Eu non recomendo este libro porque para min resultou moi aburrido.

Adrián González Lage (3º ESO)

Ningún comentario: