O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas, Galaxia
Este libro gustoume moito, porque á parte de ser
curto é bastante fácil de ler, reflicte unha realidade grande como é a
desigualdade que existe entre mulleres e homes.
Eu creo –e
paréceme xenial– que a súa protagonista trata este tema como se non quixese que
en si existisen ‘’machismo’’ e ‘’feminismo’’, senón soamente a igualdade entre
ambos os dous sexos.
O que máis me
gustou desta historia foi esa complicidade que Carlota ten ca súa familia,
especialmente coa súa avoa. Aínda que co seu irmán tamén; ‘’envéxoa’’ un pouco,
porque eu non teño ningún irmán ou irmá co/coa que levarme así de ben.
Tamén me gustou
que explicara tan ben todas as cousas que pasan no día a día que son machistas,
sen usar palabras moi difíciles, conseguindo así que non se faga aburrido e que
aprendas que esas situacións que posiblemente non considerabas machistas,
realmente si que o son.
Algo que me
pareceu moi interesante foi que tratase o tema dos apelidos (que nuns países
cando dúas persoas se casan a muller teña que adquirir o apelido do home), pois
é algo que nun principio eu nunca considerei que resultase unha cousa
‘’machista’’. Por iso tamén creo que O
diario violeta de Carlota, nos fai reflexionar e darnos conta de cousas que
parecen insignificantes se te paras a pensar son mostras de machismo.
O que menos me
gustou deste libro foi cando lle regalaron a boneca ao curmán e que os pais do
rapaz lla quitaran.
O vocabulario é fácil, se algunha palabra non a
entendes facilmente se saca polo contexto no que se
atopa ou tamén no
glosario que hai no final do libro.
Creo que todo o mundo debería ler este libro,
porque ensina moitas cousas e permíteche abrir un pouco máis a mente.
Noelia Casas García (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario