A min personalmente gustoume moito este libro, foi
un dos libros que lin que máis me gustou. Unha das razóns polas que me gustou
este libro foi porque é moi intrigante, e ata a última páxina do libro non se
desvela nada.
Recoméndolle este libro á xente que lle guste ler libros de
intriga e de misterio, incluso libros de medo. O final está bastante ben aínda
que é un pouco triste e catastrófico, pero a min gustoume e non llo cambiaría.
Os personaxes que máis me gustaron deste libro foron os rapaces cos que se ía
encontrando o protagonista no seu edificio, gústanme porque son os que lle dan
emoción ao libro e axúdanlle ó protagonista a ir descubrindo máis cousas do
veciño que facía cousas tan raras e ruidos a altas horas da noite.
É un libro
bastante fácil de ler, porque ten poucas páxinas e o vocabulario enténdese ben,
aínda que hai algunas palabras algo raras pero polo contexo pódense sacar con
facilidade.
Adrián Landeira Pose (3ºESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario