O xabaril branco, Tucho Calvo, Ir Indo / La Voz de Galicia.
Pareceume un libro entretido e que engancha rapidamente, xa
que en todas as ocasións queres saber que é o que lle sucede a Fito, o
protagonista, e tamén o que lle sucede a Xela.
Hai momentos nos que aparece o xabaril branco que non
entendo moi ben o que sucede con el, pero aínda así puiden gozar da lectura.
Gustoume moitísimo o momento en que Fito descobre porque os
Indios secuestran as mulleres e aos nenos, xa que a culpa é toda dos brancos,
porque eles secuestraban as mulleres Indias e aos nenos e abusaban deles.
Tamén me gustou cando Fito se achegou a Xela por primeira
vez. Isto aconteceu no barco, cando a nai de Xela está moi enferma e a rapariga
estaba triste. Fito e Xela estiveron un tempo os dous xuntos sentados diante do
camarote da nai dela.
Ten un vocabulario fácil de entender, cunhas ilustracións sobre algo que acontece no capítulo, que me facilitaron moito a comprensión á hora de imaxinarme a escena.
Sandra Noya Redondo (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario