Poderosa. Sérgio Klein. Xerais
Un libro moi entretido!
Irene Noya González (3º ESO)
Nerea Portos Balsa (3º ESO)
Para o meu gusto o mellor momento deste fragmento resulta ser cando Joana viu a súa avoa mais a Guto bicándose porque Guto era o mozo que lle gustaba a nosa protagonista, Joana. Paréceme que o tema está ben escollido xa que así ten moitas oportunidades de tema sobre Joana, os mozos, os problemas na casa, a súa avoa Nina, o centro de beleza...
Eu creo que se desenvolve bastante ben este libro, xa que non se enreda moito nin se queda curto á hora de explicar calquera cousa.
A min gustoume moito o final porque non me esperaba o que Junior fixo, é dicir, acaban saíndo con Joana, porque fora el quen lle mandara as cartas. E ela pensaba que era o rapaz que lle gustaba ao comezo do libro, que era o que menos esperaba que fose, Junior.
Pareceume que a lingua que escolleron, moi coloquial, resulta fácil de entender aos rapaces e rapazas da miña idade.
Adrián Brea Martínez (3º ESO)
Gustoume moito este libro porque mostra o poder que teñen as palabras aínda que sexa dunha maneira esaxerada e con maxia polo medio.
O momento máis importante do libro penso que é cando Joana non fai caso do que lle din os demais e segue lendo a súa redacción de Xoana de Arco e lea de todas maneiras, ainda que non sexa unha redacción tradicional.
Non faría moitos cambios no desenvolvemento pero si algún, como que Joana tivera o valor para enfrontarse a Dany e poñela no seu sito dunha vez por todas. Non cambiaría o final pois é un perfecto exemplo de que ainda que as cousas ao final non saen como as tiñas planeadas poden ser tan boas ou incluso máis.
Penso que é un libro fácil de ler , xa que o seu vocabulario non é moi difícil e conta as cousas de maneira sinxela e directa.
Recomendaríalle este libro ás persoas ás que lle gusten os libros realistas pero cun toque de fantasía e de humor, á vez que critica as situacións da vida real.
Olaya Dubra Boquete (3º ESO)
A historia que
conta o libro está xenial e, para min, non cambiaría nada da historia. Estou
segura de que, se cambiara algo, xa non me gustaría tanto.
Non atoparía
ningún momento que non me gustase, xa que a historia realmente gustoume moito.
Así que, pódese dicir que non teño ningún momento que non me guste.
A mellor parte é
cando Júnior fala con Joana e acaba dicíndolle que el é o autor das notas que
ela recibe. Foi un momento que non me esperaba! Pero creo que foi unha escolla moi
axeitada.
As personaxes
están moi ben elaboradas. Gustoume o xiro que tornaron as cousas con respecto
ao triángulo Guto-Joana-Júnior. Realmente sorprendeume.
É un libro moi
bo, narrado dunha forma moi sinxela, que fai que a lectura sexa máis levadeira.
Sen dúbida, o libro lino moi rápido grazas á forma na que o autor o narra.
O vocabulario do
libro é un pouco difícil, xa que había palabras en portugués, o que fixo que o
dicionario estivese ao lado durante a lectura.
Recomendaría o
libro a rapaces e rapazas da miña idade, xa que creo que lles pode gustar este
libro.
Un libro moi entretido!
Irene Noya González (3º ESO)
Para min, o
momento máis importante é cando Salete lle di a Joana que é poderosa porque a
partir de aí, todo o que Joana escribe faise realidade. O momento que menos me
gustou foi cando o pai de Júnior vai á casa de Salete e mata ao can do rapaz,
aínda que tamén foi moi emocionante porque despois Salete chama a Joana e a
rapaza descobre que é moito máis poderosa do que pensaba xa que, pode revivir a
seres vivos.
Este libro
gustoume moito e desfrutei coa súa lectura porque case sempre pasan cousas.
Aínda que esta historia non é das miñas preferidas, porque a min gústanme as
historias de misterio, e esta é de
aventuras con algo de fantasía, pareceume moi boa.
Os personaxes, polo menos
para min, son bastante cómicos, sobre todo o pai cando se pon en modo romántico
grazas a súa filla.
Recomendaríallo
aos rapaces e rapazas máis ou menos da miña idade porque a protagonista da
historia tamén é unha adolescente.
Para o meu gusto o mellor momento deste fragmento resulta ser cando Joana viu a súa avoa mais a Guto bicándose porque Guto era o mozo que lle gustaba a nosa protagonista, Joana. Paréceme que o tema está ben escollido xa que así ten moitas oportunidades de tema sobre Joana, os mozos, os problemas na casa, a súa avoa Nina, o centro de beleza...
Eu creo que se desenvolve bastante ben este libro, xa que non se enreda moito nin se queda curto á hora de explicar calquera cousa.
A min gustoume moito o final porque non me esperaba o que Junior fixo, é dicir, acaban saíndo con Joana, porque fora el quen lle mandara as cartas. E ela pensaba que era o rapaz que lle gustaba ao comezo do libro, que era o que menos esperaba que fose, Junior.
Pareceume que a lingua que escolleron, moi coloquial, resulta fácil de entender aos rapaces e rapazas da miña idade.
Adrián Brea Martínez (3º ESO)
Gustoume moito este libro porque mostra o poder que teñen as palabras aínda que sexa dunha maneira esaxerada e con maxia polo medio.
O momento máis importante do libro penso que é cando Joana non fai caso do que lle din os demais e segue lendo a súa redacción de Xoana de Arco e lea de todas maneiras, ainda que non sexa unha redacción tradicional.
Non faría moitos cambios no desenvolvemento pero si algún, como que Joana tivera o valor para enfrontarse a Dany e poñela no seu sito dunha vez por todas. Non cambiaría o final pois é un perfecto exemplo de que ainda que as cousas ao final non saen como as tiñas planeadas poden ser tan boas ou incluso máis.
Penso que é un libro fácil de ler , xa que o seu vocabulario non é moi difícil e conta as cousas de maneira sinxela e directa.
Recomendaríalle este libro ás persoas ás que lle gusten os libros realistas pero cun toque de fantasía e de humor, á vez que critica as situacións da vida real.
Olaya Dubra Boquete (3º ESO)
É un libro de fantasía xa que ninguén pode ter eses
poderes na vida real pero está moi ben e a min gustoume moito.
A
parte que máis me gustou foi cando a avoa pinta o cabelo de vermello e
pon un piercing na cella porque é moi gracioso que non lle deixaran e ao
día seguinte aparecera xa con el.
Non houbo ningunha parte que non
me gustara ou que me parecera que estivese mal redactada excepto cando
Joana rexeita a Guto e lle dí que a esqueza para sempre.
Non lle
faría niungún cambio e gustoume moito así como está. Tamén me pareceu un final
axeitado e bonito aínda que non me imaxinaba que acabaría así.
Foime doado de ler e non ten un vocabulario difícil de entender. Recoméndoo porque está moi ben e penso que lle pode
gustar a xente de calquera idade tanto como me gustou a min.
Ningún comentario:
Publicar un comentario