Este libro gustoume
moito principalmente porque ten uns finais desgrazados que fan que as historias sexan máis interesantes. Por
exemplo no primeiro conto un home que mata a un ferreiro pensando que este o
queimara a propósito para que foran idénticos e despois ten que quedar
usurpando a vida do ferreiro.
O conto que máis me gustou foi o terceiro porque
fala da vida entre o avó e o seu tan apreciado neto polo que faría o que fose.
Pola contra o conto que menos me gustou foi o cuarto xa que relata unha
historia moi aburrida na que sempre se fala das mesmas cousas.
O libro ten un
vocabulario bastante fácil de entender, aínda que haxa algunha que outra
palabra que non se entenda como por exemplo poxigo, zafras, tempas,…
Este libro
recomendaríallo aos rapaces e rapazas un ano ou dous máis pequenos ca min aos que lles gusten os
libros de intriga/medo e porque para a miña idade penso que estaría mellor
outros libros que dean máis medo.
David Boo Noya (3º
ESO)
É un libro que
me gustou moito. Conta historias de medo e de misterio á mesma vez. Estes
libros nos que hai intriga e misterio son os que cando les se che fan moi
pequenos e quedas coas ganas de máis.
Cando a vella está a medio queimar e se
levanta dá un pouco de medo, pero ese fragmento foi o que máis me gustou de
todo o contido do libro.
O personaxe que máis me gustou foi o cumpremortes
porque aínda que sabía que ía morrer fixo todo o que estivo mas súas mans para saír adiante.
Cambiaríalle o final, no fragmento da vella poñeríalle que os tres homes foron á casa dela para escarmentala, a vella estaba na cama, eles ían coa cabeza tapada e ela levou moito medo. Dende ese día todos os veciños xa se levaban ben coa vella, e ela con eles.
Recomendaríallo a quelas persoas que lles gusta o misterio ou os relatos de
medo.
Brais Bouzas Leis (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario