O país adormentado. Xabier P. Docampo. Xerais
Eu recomendaría este libro a rapaces e rapazas de secundaria debido á súa sinxela e fácil utilización da linguaxe.
Marcos García López (3º ESO)
A min paréceme que
o momento máis importante do libro foi o final, cando Aurora, Val, Gablasel e
algúns guerreiros máis logran asaltar a torre de Ambulasac o vixiante. Mais tamén me pareceu moi importante tanto o momento da loita
encarnizada entre Ambulasac e Val como a loita entre Aurora e Daúro. Para min
eses foron os momentos máis importantes do libro porque de todas as loitas que
se contaron na historia, (que non foron poucos) esas dúas últimas foron as que
decidiron o destino de Glearim. Ademais cando se enfrontaron Val e Ambulasac
foi a loita definitiva entre os dous líderes de cada bando.
Gústaríame que o
final da historia non fose tan feliz, senón que en lugar de que rematase tan
ben houbese algo de drama. Por exemplo
que algún dos homes importantes de Val morrese ao facer algunha heroicidade. Só faría ese cambio, polo demais a historia gustoume.
A diferenza dalgúns
libros, neste, a linguaxe que empregan foi bastante fácil de comprender. Non
hai palabras raras ou moi difíciles, exceptuando algunha que outra.
Eu recomendaría este libro a rapaces e rapazas de secundaria debido á súa sinxela e fácil utilización da linguaxe.
Marcos García López (3º ESO)
Este libro, malia
ser curto, é un libro de ficción para adolescentes e a miña crítica é boa xa
que é unha fantástica historia na que cabaleiros arriscan as súas vidas para
salvar os seus pobos de reis malvados e dragóns xigantes.
Especialmente
identifícome con Neve xa que é calado, observador e protector que salvou
varias veces a protagonista desta historia Aurora.
Este libro desfruteino pola súa compenetración a hora de loitar xa sexa cubrindo as súas costas ou realizando actos heroicos, por outra parte tamén me gustou o ambiente no que se desenvolve a batalla marítima entre barcos.
O vocabulario deste libro é
fácil de entender agás algunhas palabras que se sacan polo contexto.
Este libro
recomendaríallo especialmente aos adolescentes que lle gusten as historias
románticas e de guerra nos antigos
tempos nos que se loitaba con arco e espada.
Yago Rey Viqueira (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario