Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 1 de abril de 2016

Tradicións que rexorden...

"O un de abril van os burros onde non deben de ir". O refrán galego que exemplifica que este é día de brincadeira e de xogar a enganos. Unha tradición que o Estado español non celebra (faino o 28 de decembro, Día dos Inocentes) mais si Reino Unido, Portugal, Francia, Polonia e mesmo Alemaña. Mais, de ónde vén? Pois...sempre nos quedará París

No Estado español celebran o Día dos Inocentes, un 28 de decembro que dá para brincadeiras, enganos, chuflas, e mesmo galas na TV. No Estado español e América Latina é costume que nesa data haxa brincadeiras de todo tipo, mesmo nos medios de comunicación. Porén, malia que poida semellar que o 28 de decembro se celebra en todo o mundo, é unha data restrinxida ao mundo da hispanidade. De feito, en países europeos como Alemaña, Reino Unido (April Fool´s Day) , Portugal, Polonia ou Francia (Poisson d´avril), o 28 de decembro non significa máis que o día após o 27 e anterior ao 29. Neses países europeos, ao igual que en Galiza, o día das brincadeiras, do engano, das bromas, é o 1 de abril. “O un de abril van os burros onde non deben de ir”.

Xa Otero Pedrayo en Historia de Galiza aponta a esta data, 1 de abril, como a das bromas e trampas, facéndose eco dunha tradición que, malia ir esmorecendo nestas décadas , pervive e mesmo rexorde nestes últimos anos.

Fonte: Sermos Galiza

Na Wikipedia (mira ti!) atopamos a mellor explicación da explicación sobre este día chamado Día dos Enganos: 

A orixe deste día é controversa, mais a versión máis aceptada para explicar por que o 1 de abril é considerado o día dos enganos ten que ver coa Francia do século XVI. Naquel tempo, o Ano Novo era festexado no día 25 de marzo, data que marcaba o comezo da primavera. As festas duraban unha semana e terminaban no día 1 de abril.

No ano 1564, despois da adopción do calendario gregoriano, o rei Carlos IX de Francia determinou que o ano novo sería commemorado no día 1 de xaneiro. Algúns franceses resistíronse á mudanza e continuaron a guiarse polo calendario antigo, polo cal o ano comezaba no 1 de abril. Os máis brincallóns comezaron a ridiculizalos, a enviarlles regalos estraños e convites para festas inexistentes, brincadeiras coñecidas como plaisanteries.


Pois xa está, nós tragamos inocentes coa seguinte nova que limos esta tarde nun xornal on line... Mesmo pensabamos publicar aquí algo sobre iso... 

Alguén de vós tamén foi enganado ??

(Pinchade no enlace para ver a noticia, )

Vecinos de la comarca de Ordes (A Coruña) alertan de la existencia de koalas en la zona


Ningún comentario: