Na miña opinión, o momento máis importante de toda a obra foi cando,
despois de 30 anos, Hans atopa a carta. Paréceme que toda a historia cobra
sentido. Tamén me pareceu moi importante cando no texto se menciona que os pais
de Hans se suicidaron con gas e que
Konradin, o seu amigo, acabou asasinado por conspirar contra Hitler.
Realmente non faría ningún cambio.
Trata un tema realista que perfectamente puido ser real. Ademais o tema da
Segunda Guerra Mundial paréceme un tema interesante. En canto ao final, foi o que máis me gustou. Pareceume un final inesperado.
Sobre a lingua, pareceume un libro fácil de entender, había algunha palabra
moi culta pera en xeral foi bastante fácil.
Marcos García López (3º ESO)
A min este libro pareceume un libro fácil de entender excepto algunhas palabras no cal se poden sacar polo contexto e tamén me pareceu un dos mellores libros que lin en toda a miña vida á parte de que trata sobre os nazis e é moi motivado.
Ademais é coma se fora un vicio como por exemplo a parte na que todos os amigos de Konradin van por el para que os nazis non o levasen pero non puideron porque algúns dos seus amigos intentando salvalo morreron, excepto Hans que foi o único dos que sobrevivu dos seus amigos.
A parte que me interesou máis foi cando os nazis levaron ao mellor seu mellor amigo que é Konradin para o exército nazi e Hans estaba moi enfadado e fixo todo o posible para que o seu mellor amigo non fora para o exército e ademais el tiña gañas de matar a Hitler.
Eu non faría ningún cambio e tampouco non me resultou moi difícil de entender. De feito, recomendaríallo a lectores no que lle gustasen os libro sobre o nazismo.
Alejandro Vásquez Fernández (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario