Este obra de teatro gustoume moito
porque a historia que
conta é moi entretida, e os personaxes, na miña opinión, son os xustos para
comprender ben unha historia e que sexa boa, nin sobran, nin faltan.
A parte que máis me
gustou foi o final, porque Rosiña, a máis nova é a que menos se enteraba da
historia, grazas á axuda da tía Rosa consegue quedarse coa herdanza, non morrer
e conseguir noivo.
Os personaxes que
máis me gustaron foron Rosiña e a tía Rosa, xa que son as que conseguen os seus
obxectivos aínda sendo as que menos se entraban. No caso da tía Rosa, a
vinganza por matala e no caso de Rosiña sobrevivir aos seus curmáns, xa que a
querían matar para repartirse a herdanza entre os dous e esquecerse de Rosiña.
Recoméndolle ler
este libro a todos, xa que é doado de ler, a historia é entretida e consegue
que as gañas que tes de lelo aumenten pouco a pouco ata engancharte por
completo.
José Barreiro Hernández (4º ESO)
Alicia Guillín Casal (4º ESO)
Gustoume moito porque é un libro moi interesante e
entretido e fácil de ler, cunha linguaxe moi coloquial e moito humor, á parte de que o seu autor é Suso de
Toro, un escritor que ten libros moi bos.
A miña escena favorita é cando entra
Borja e están seus pais e seu pai fálalle moi moderno como el di e só sabe
dicir catro palabras. Non é das escenas máis importantes pero si das máis
divertidas, xa que me fan graza os diálogos que manteñen os dous nos que case
non saben facer unha frase.
Eliminaría a escena na que están preparando a festa
porque é unha parte bastante aburrida e sen ningunha graza.
O único cambio que
faría dos personaxes da obra, sería darlle un pouco máis de importancia e
protagonismo a Borja porque me fai graza como fala.
Este libro recoméndollo a
todos porque é unha obra que pode entender calquera, é moi entretida e acabase
de ler moi rápido.
Alicia Guillín Casal (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario