O mellor momento, para min, foi cando Paulo foi á taberna do pirata e se atopou co avó e co tío Bernardino, aínda que tamén foi o momento que máis me sorprendeu, non esperaba que aparecese.
O final gustoume aínda que podía acabar aínda mellor. Por exemplo, que o avó fose vivir con Paulo e seus pais outra vez e que seu pai deixara o teléfono. Cambiaría o comportamento do pai, paréceme moi borde e máis centrado no traballo que na súa familia, cousa que tamén pasa na realidade, pero tampouco me parece nin medio normal que se comporte así.
Foi fácil de ler e de entender. Eu recomendaríalla a persoas ás que lles gusten os libros divertidos e fáciles de ler.
Laura Martínez Calvo (3º ESO)
Este libro gustoume moito debido á ambientación da historia e a realidade fala dos personaxes protagonistas e a interacción entre eles. O único motivo polo que non me gustou sería debido a que só ten 150 páxinas, para min o autor podería realizar outro epílogo dentro duns anos de como sería a relación entre os personaxes, se sería a mesma ou cambiaría.
O personaxe que máis se parece a min sería Paolo, debido a que é un rapaz pequeno pero que pode ser moi maduro en temas importantes.
O final é axeitado debido a que todos saen gañando pero sobre todo o principal afectado da historia, o avó.
O vocabulario é básico e fácil de entender o libro agás algunhas palabras sacadas facilmente polo contexto.
O libro recomendaríallo ás persoas que teñen avós na casa porque eles son fontes de sabedoría, que grazas a eles esta cultura é así de inmensa pero se non se aproveita o noso patrimonio perderase.
Yago Rey Viqueira (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario