A historia
pareceume moi simple o que fixo que o libro non me gustara moito, para o meu
gusto tamén ten un exceso de descrición e de lentitude nos feitos, é dicir, na
maior parte da historia o autor describe
o tempo, os pensamentos, as paisaxes... pero non pasan cousas interesantes e
cando pasa unha que o é dedícalle moi
pouco tempo.
O que máis me gustou é que o narrador é omnisciente e sabe
en todo momento o que pensan os personaxes aínda que en exceso pode ser
negativo.
Ten unha linguaxe moi complexa para persoas da miña idade, para a
miña idea o narrador podería adicarse a escribir poemas porque usa moito a
metáfora e iso a un poema quédalle moi ben xa que é un trazo característico del
pero que en narración pode chegar a facer a historia moi pesada.
Ten un final
apropiado pero tamén sinxelo e os personaxes son moi interesantes, con eles
poderíase facer unha historia máis interesante.
Alba López González (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario