Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 7 de febreiro de 2020

“Adios ríos, adios fontes” na voz de Laura Codesido Fernández



“Adios ríos, adios fontes” na voz de Laura Codesido Fernández (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2020. #ErrantesPoloMundo_rdc_20 @aelg @CasadeRosalia

Adios ríos, adios fontes

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

     Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

     Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento.

     Muhiño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar.

     Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios para sempr' adios!

     Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!

     Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

     Mais son prob' e mal pecado,
A miña terra n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.

     Téñovos pois que deixar,
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lár,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.

     Adios, adios que me vou,
Herbiñas do camposanto,
Donde meu pay s' enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que vos criou.

     Adios tamén, queridiña...
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios chorando
Desd' á veiriña do mar.

Non m' olvides, queridiña,
Si morro de soidás...
Tantas legoas mar adentro...
¡Miña casiña! meu lar!

Ningún comentario: