Lección de teatro case sen pernas (Comedia tal vez macabra). Xavier Lama. eDixital, 2013.
Dende a miña opinión esta obra
pareceume moi estraña, pero aínda así recomendaría lela, xa que é
entretida e bastante graciosa ás veces.
Para min o momento máis importante da
obra, e creo que o será para todos, é cando o actor descobre que
realmente non lle están amputando nada, senón que só estaba
soñando, que todo fora irreal, porque sinceramente non mo esperaba.
Esperábame un final moi tráxico, no que o actor acabase morto, ou
sen extremidades.
Como xa comentei o tema é moi estraño,
un actor que intenta mellorar. Para iso o profesor, o que fai é
cortarlle partes do corpo, para que a interpretación lle saia de
dentro.
Non lle faría ningún cambio a verdade
está moi ben, como moito engadir algo máis de historia, porque é
moi curta, bastante, cousa que tamén a fai máis levadeira a hora de
lela.
O final paréceme moi axeitado, xa que
ademais de non esperalo, é un bo final, e dicir é un final feliz, e
normalmente sempre son os mellores.
A linguaxe da obra non é para nada
complicada de ler, é moi normal, ademais empregan insultos e fai que
sexa máis graciosa a hora de ler.
Persoalmente esta obra non é das que
máis me gusta, pero cabe dicir, que está bastante ben, tendo en
conta que ten un tema graciosa, e é moi curta.
Ahinoa Rodríguez Antelo (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario