Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 7 de decembro de 2021

Conta de Libros (I): A dúbida, de María Reimóndez

Un novo curso 2021/2022 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca do CPI Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega. 

Desta volta vaise chamar Conta de Libros e a primeira alumna en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho das lecturas foi Ana Señarís Veiras (4º ESO). Velaquí a recensión e deseguida irán outras sobre o mesmo título. 

A dúbida. María Reimóndez. Xerais 

O libro está bastante ben. A trama pareceume moi boa e enganchoume bastante xa que me parece que está moi ben relatada. Gústame que a personaxe principal sexa unha muller que loita por resolver un problema que lle afecta indirectamente, porque podemos ver que as mulleres tamén podemos resolver os problemas, aínda que nalgunhas ocasións como pasa no libro pensen que non podemos. 

Aínda que a novela gustoume faríalle algún cambio sobre todo ao final. Gustaríame que Deli gañase máis cousas das que perde porque penso que é algo inxusto que perda moitas pertenzas que ela gañou polo simple feito de dicir só a verdade. 

O tema principal deste libro é o feminismo xa que podemos ver as inxustizas contra Deli. María Reimóndez relata moi ben este tema, o feminismo, por iso recomendaría esta novela tamén porque é diferente a outros libros feministas doutros autores e autores xa que para min ela é das mellores escritoras galegas que tratan este tema. 

O libro é moi doado de entender xa que utiliza un vocabulario especializado pero moi comprensible. 

Ana Señarís Veiras (4º ESO)

O libro gustoume bastante porque é curto é doado de ler. As personaxes están moi ben desenvoltas na novela xa que grazas ao texto podémolos imaxinar na nosa cabeza como serían realmente. 

Eu a este libro non lle faría moitos cambios porque me gustou o que lin bastante e non sería necesario na miña opinión. A novela fala do feminismo un tema moi importante do que non sei moito pero ao ler libros deste tipo vou coñecendo un pouco máis este principio igualitario que penso que é bastante necesario en todo o mundo debido a que grazas a el poderemos vivir igualitariamente e sen inxustizas. 

A portada do libro está moi ben porque a narración ao ser algo triste as cores brancas e negras quédanlle moi ben. O que me gustaría é que dentro tivera algunha imaxe pero tampuco é que sexa moi importante. 

Eu recomendaría este libro a todos os adolescentes e tamén aos adultos porque podemos aprender moitas cousas grazas a el xa que esta  novela ten unha parte algo educativa desde o meu punto de vista. 

Darío Sánchez Liste (4º ESO)

Este libro gustoume moito, xa que trata un tema que perfectamente se pode dar na vida real, é un tema moi interesante no que por desgraza existen bastantes casos.

Para min o momento máis importante desta narración é cando a historia conclúe e se dá a coñecer a verdade sobre o caso entre Vicente e Ana. 

O meu personaxe preferido é Deli xa que non se dá por vencida ata atopar un fío polo cal tirar para concluír todo o sucedido e chegar a resposta que todos agardaban impacientes. Sobre todo Deli, que se estaba decatando daquela o duro segredo que levaba escondendo o seu home dende xa había tempo.

O libro non ten dificultades na escrita e é moi sinxelo e rápido de ler. Á parte, a historia engánchate e fai que non poidas parar de lelo ata saber o final deste. Non lle faría cambio ningún, o final para min é o máis axeitado e lóxico pois que co que nos conta no desenvolvemento da historia xa nos fai pensar que vai rematar así. 

Sara González Castro (4º ESO)

O que eu opino de este libro é que me parece moi interesante o seu contido xa que fala dun tema o cal pasa na actualidade, que é moi triste que siga pasando. 

Este libro para min foime moi fácil de ler xa que non ten vocabulario moi difícil de entender e dás comprendido moi ben do que che está falando. Ademais penso que as personaxes están moi ben descritas porque sentes perfectamente a frustración das mesmas e é unha cousa que se valora moito cando les un libro, a maneira na que te metes na historia. 

Outra cousa que me gustou moito desta narración é as voltas que dá, é dicir que no principio estache a falar de que Deli apoia a seu marido e case no final dáste conta de que non e que cambia completamente a súa opinión e inda dándose conta de que perdeu a xente que máis quería continuou feliz por saber que fixo xustiza. E a verdade é unha cousa que nos fai pensar o simple feito de que ata a persoa que máis queremos pode ser culpable. 

Paula Moar Iglesias (4º ESO)

A min este libro gustoume moito xa que trata temas moi interesantes como o feminismo, o cal temos moi presente nestes tempos. O libro é moi entretido porque contén misterio e moita intriga ata o final xa que non se sabe seguro se Vicente é ou non o violador da pequena Ana. 

O personaxe do alcalde Rafael pareceume moi sorprendente, porque tamén estivo involucrado con todo o de que Vicente fose a Madrid a ver a prostitutas, el cubriuno a cambio dunha certa cantidade de diñeiro. O personaxe de Ana non me gustou tanto, porque non aparece moito e penso que como é a vítima tiña que ter un pouco máis de papel principal. 

Na miña opinión o final podería ser distinto, cambiaría que os pais de Ana non perderan a amizade con Deli, porque ela non ten culpa ningunha de que o seu home violara a súa filla e tamén que o inspector co que Deli traballou tivera un romance con ela.

Valeria Vásquez Fernández (4º ESO)

Ningún comentario: