Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 10 de novembro de 2022

Andel de Libros (II): 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa


 

48 horas, Cándido Paniagua Pousa. Xerais

O personaxe que máis me gustou foi o mellor amigo de Lois, Néstor, porque o coidaba moito e ata que non o atopou non parou, tamén estivo insistindo en saber como ía o caso e se xa se sabía algo de Lois. 

O que máis me gustou deste libro é que trata dunha desaparición polo cal faise moi entretido e interesante. Pero o que menos me gustou do libro é que a desaparición se alongara tanto xa que era un xogo para o rapaz desaparecido. 

Esta narración nin me gustou nin me desgustou xa que era entretida pero tampouco o escollería para ler, aínda que tema que se trataba na historia gustoume xa que tiña uns momentos moi interesantes e tamén porque me gustan os libros sobre desaparicións. 

Recomendaríalle esta lectura a rapaces e rapazas ás que lle gusten os libros sobre desaparicións, xa que é un bastante entretido e ao comenzar a lelo queres seguir lendo para saber como segue a historia. 

A lingua deste libro foi fácil de entender, pois non tiña ningunha complexidade. 

Valeria Grela Bello (3º ESO B)

O libro, gustoume moito, xa que vai narrando a desaparición de Lois Figueirido despois dunha saída para ir facer un traballo audiovisual para a materia de Xeografía e Historia. Esta novela relata como ocorreu a desaparición e como, os seus compañeiros, mediante recordar que fixeran ese día, logran atopalo.

Pareceume moi fácil de ler, pola súa sinxela expresión e o seu vocabulario fácil de entender.

O meu personaxe favorito foi Néstor, o mellor amigo de Lois, que non para de buscar ata lograr atopalo e pon de todos os seus medios para que sexa rápido.

O que máis me gustou deste libro foi como van actuando os diferentes personaxes ao tratar de atopar ao seu amigo Lois e como te mantén en suspense ata o final da historia.

É unha novela que me resultou moi fácil de ler e, sobre todo que chega a engancharte grazas a intriga e ao suspense que crea.

Recomendaríavos lelo se vos gustan as historias de desaparicións e de intriga.

Sara Gómez García (3º ESO A)

 

Ningún comentario: