Sara Gómez García (3º ESO A) achéganos a gravación de “Xan”, de Follas Novas, nas voces de súa irmá Laura (10 anos) e seu pai José Luís Gómez Fernández (47 anos). CPI Viaño Pequeno.
#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia
Xan
Xan
vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan
vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva
o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á
fonte por augua,
e vai a misa cos nenos,
e fai o leito i o
caldo...
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos que a cada
muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un
Xan,
casi sempre atopa un Pedro.
Pepa,
a fertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentras seu
home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas
ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás
galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira si hai ovos no
niño,
bota un ollo ós mazanceiros,
e lambe a nata do
leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, que
agachado
traillo en baixo do mantelo.
E cando Xan pola
noite
chega cansado e famento,
ela xa o espera antre as
mantas,
e ó velo entrar dille quedo:
—Por Dios non
barulles moito...
que me estou mesmo morrendo.
—¿Pois
que tes, ña mulleriña?
—¿Que hei de ter? Deita eses
nenos,
que esta madre roe en min
cal roe un can nun
codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do
simiterio...
—Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio
que aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentras os
meniños deito.
De bágoas se enchen os ollos,
de Xan
ó ver tales feitos;
mas non temás, que antre mil,
n' hai
máis que un anxo antre os demos;
n' hai máis que un
atormentado
antre mil que dan tormentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario