Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 5 de xuño de 2023

Andel de Libros (XXXII): A soidade do asasino, de Carlos G. Reigosa

 

 

A soidade do asasino. Carlos G. Reigosa. Xerais

O momento máis importante do libro para min foi cando Claudio descubriu quen o ordeara matar, xa que era a maior intriga que el tiña e case toda a conversación que ten con Víctor básease en descubrir iso.

O tema desta historia a min persoalmente gustoume moito, xa que paréceme emocionante, porque cando o les estás seguido pensando en se ao final Claudio morrerá. Ademais gústanme moito as historias de asasinatos e secuestros.

Este libro paréceme fácil de ler, ten vocabulario sinxelo, e está redactado dunha maneira que engancha. Eu o único cambio que lle faría sería meter máis persoaxes a falar, como por exemplo a muller de Claudio, xa que ao longo da historia falan moito dela, e así poderíase coñecer a súa versión de todo o que pasou con Nazario. Polo demais eu non lle faría ningún cambio máis.

O meu personaxe favorito é Víctor, xa que a pesar de ser un sicario experto sen case ningún sentimento, ten algo que te fai chamar a atención, el ve a vida dun xeito moito máis simple que o resto das persoas, á morte non lle dá importancia ningunha, pois é unha cousa que ten que suceder si ou si.

Na miña opinión, se che gustan os libros emocionantes e de misterio, este libro recoméndocho ler.

Lucía Grela Seoana (4º ESO)

 

Ningún comentario: