Diego Vásquez Fernández (3º ESO) achéganos a gravación da primeira parte de “Campanas de Bastabales”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. CPI Viaño Pequeno.
#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia
Campanas de Bastabales
Campanas
de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de
soidades.
I
Cando vos oio tocar,
campaniñas,
campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de
lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas
me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida
enteira
i hoxe teño media vida.
Sólo media me
deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me
roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns
amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os
amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me
consumiron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario