Iridium. Francisco Castro. Galaxia
Ben, para empezar vouvos falar do que me pareceu Iridium, é dicir, a min este libro gustoume bastante, xa que ten un vocabulario moi sinxelo, fácil e adecuado para as nosas idades. E á parte de ser doado de ler é moi curtiño o que me facilitoume moito neste caso a lectura.
Meténdome na historia do relato, tamén me gustou xa que o volvería a ler sen problema. Trata de temas que non son moi comúns na lectura creo eu, como a enfermidade de Iris dos ollos, que ten un de cada cor e tamén a paralise que sofriu polo choque co coche.
En si a historia é sobre Iris, unha rapaza con esas peculiaridades de dezaoito anos, a quen lle puxeron os cornos cando estaba co seu mozo, xa quee mentres estivo en coma el comezou a saír con outra e púxolle como excusa que fora porque lle axudara moito e fora o seu maior apoio cando ela estivera no hospital.
Ben, en xeral si que me gustou o relato e sobre todo os temas de que fala. Espero que me entendérades.
Carla Caramés Rivas (3º ESO)
Iridium de Francisco Castro é un libro que conta a historia de Iris, unha rapaza de 1º de bacharelato que tivo un accidente e quedou con DCA (dano cerebral adquirido).
A min este libro gustoume bastante porque é fácil de ler e rápido, ademais de ser moi entretido e ten un bo final.
O momento máis importante para min foi precisamente cara ao final cando foi á casa de Mario para botarlle cara a Chechu, paréceme que é o momento mais importante porque é onde se desvela toda a historia de Iris, Chechu e Mario.
Outro momento que me gustou foi cando lle fixeron a festa a Iris polo seu regreso ao colexio, porque nesa festa pásao moi ben (menos no final) fala con Mario, con Rut (a súa mellor amiga)...
O meu personaxe favorito é o pai de Iris porque está para ela sempre e sempre lle axuda en todo, ademais confia moito nela. E outro personaxe que me gustou moito foi Rut, porque é unha rapaza que quere moito a Iris e a axuda en todo. Pola contra, o personaxe que menos me gustou é Chechu porque lle mente moito a Iris e lle fai sentir mal xusto no seu peor momento, cando queda en coma.
O final gustoume moito, o vocabulario é fácil e enténdese case todo. Recoméndollo á xente que lle gusten os libros de romances ou de adolescentes. A min persoalmente gustoume moito.
Lidia González Rey (3º ESO)
Iridium, unha rapaza de dezaoitos anos con heterocromía e DCA (dano cerebral adquirido) que ten un mozo que lle pon os cornos con outra rapaza debido a que ela estivera no hospital e esa moza fora o seu apoio.
A novela gustoume moito xa que ten un vocabulario moi fácil de entender e a maiores axeitado para a nosa idade. A cousa que mais me gustou é que sexa unha historia real, xa que Francisco Castro baseouse na historia dunha rapaza pare escribir este relato.
O momento máis importante e que máis me gustou foi cando Iris e Mario empezan a ser mozos e se bican porque me parece unha historia moi bonita.
Outa cousa que me pareceu moi ben é que hai dous persnoaxes moi fundamentais para Iris xa que lle axudaron cando ela soa non podía. Eses personaxes son o pai de Iris e Rut. Polo tanto os meus personaxes preferidos van ser eses dous polo gran apoio que lle deron. Sobre todo seu pai que estaba aí para ela en todo momento e apoiouna en todo.
Este libro é un dos poucos que volvería ler, por dous motivos. Lese moi rápido, xa que é curto, e o tema do que trata gústame moito.
Laura Rodríguez Seoane (3º ESO)
A novela Iridium de Francisco Castro é unha novela que me gustou moito xa que é unha historia moi actual que pode pasar na actualidade. Que trate o tema de Instagram e os seguidores e todo o relacionado coas redes sociais penso que fai que a xente nova, se enganche á trama e queira seguir léndoa ata o final.
Iridium gustoume e recoméndoa porque é unha novela de moitos tipos, é unha novela de amor, é unha novela de amizade, é a novela dunha raíña das redes sociais, e sobre todo unha novela que trata de temas actuais.
Sen dúbida o meu personaxe preferido é o pai de Iris, porque é o pai que todos e todas desexamos ter; que nos apoie sempre e que estea ao noso lado nas boas e nas malas.
Ruth tamén é un personaxe que me gusta pois é unha boa amiga para Iris e axúdaa e deféndea. O momento máis impactante da historia é o accidente. Móstranos o importante que é conducir nunhas condicións axeitadas pois podes acabar coa túa vida ou coa doutra persoa.
É unha historia que fai sentir moitas emocións, unhas boas e otras non tanto, pois trata sobre dificultades, prexuízos, discriminacións, amor, amizade...
Lara Piñeiro González (3º ESO)
O libro Iridium escrito por Francisco Castro, gustoume moito, conta unha historia moi interesante pois a calquera persoa lle podería pasar o mesmo, xa que un día vas camiñando pola rúa e alguén pode atropelarte.
Esta narradá en primeira persoa, o cal é un puntazo xa que sabes en cada momento como se sente a protagonista, tamén conta que as persoas adoitamos tratar diferente a quen sofre calquera discapacidade, e no libro fai fincapé no molesto que é para quen ten unha dificultade.
O meu personaxe preferido é Iris, xa que me parece unha persoa que amosa unha forza incrible, pois é capaz de ver o lado positivo de calquera dificulade. Outro personaxe que ten importancia no libro é Rut, penso que quere moito á súa amiga, demostrouno celebrando unha festa no seu honor, á parte diso preocupouse moito por ela cando estivo no hospital.
Persoalmente, eu recomendaríallo a calquera persoa de calquera idade, pero se tivera que recomendarllo a alguén en especial sería ás persoas que xulgan a outras sen saber as batallas coas que ten que loitar esa persoa.
Cristina García Regueiro (3º ESO)
Esta novela conta a historia de Iris. No meu punto de vista é unha historia de amor pero tamén de discriminacións, inxustizas e dunha amizade máis aló das dificultades.
A miña personaxe preferida foi Iris porque tenta ser unha adolescente totalmente normal a pesar do problema que ten. Outra cousa que me gusta dela é que a todo lle saca unha parte positiva e sempre segue adiante. Outro personaxe que me gustou foi Mario porque a pesar dalgunha cousa que fixo relacionada coa escola paréceme que é boa persoa e que quere o mellor para os demais. Pola contra o personaxe que menos me gustou foi Chechu porque é mentireiro e gárdalle segredos a Iris.
O momento máis importante do libro para min foi a festa sorpresa que lle organizou Rut (a mellor amiga de Iris) a Iris xa que nese momento Chechu e Mario tiveron un encontronazo. O que máis me inpactou foi cando se resolveu o tema do Iphone de Chechu porque esperaba que o tivese Mario. E o momento que máis me gustou foi o final.
O libro en si é moi curto, lese moi rápido e ensina moito en poucas palabras.
Lucía Rey Martínez (3º ESO)
O libro é moi interesante xa que conta unha historia que non se aparta moito da realidade. Algo que me gusta moito é que usa unha linguaxe fácil de entender e unha forma de falar bastante actual.
O meu momento favorito é cando Iris se pelexa e lle pon cara a Chechu para que deixe de meterse coa xente e para que a deixe tranquila.
Fala sobre uns adolescentes que se namoran e teñen diversos problemas persoais, tentan amañar todos os problemas aínda que algún non o dea resolto.
Se queres ler o libro a mellor idade para facelo é entre doce e dezaseis anos, xa que nelas seguramente sexas capaz de poñerte na súa pel e desfrutar máis da trama.
Os meus personaxes favoritos son Mario e Iris. Mario, xa que loita contra todos os prexízos que lle impón a xente, aínda que non o coñezan. E Iris dado que trata ben a todos e tenta facer todo soa e non perde o tempo con ninguén, como por exemplo non chora por Chechu.
Noelia Martínez Rodríguez (3º ESO)
Iridium foi unha boa lectura porque se me fixo curto o tempo de ler o libro, con un vocabulario fácil de entender e é entretido, pero, a pesar disto non o volvería ler e logo direi por que.
Chamoume a atención a enfermidade que tiña Iris, esta só a tiñan moi poucas persoas. A parte que máis me gustou foi cando a mellor amiga de Iris faille unha festa sorpresa, isto provocou que Iris o pasase moi ben despois do atropelo que tivo.
Os meus persoaxes favoritos son a mellor amiga da protagonista porque esta estivolle axudando a Iris no cole, e o pai de Iris porque este estivo axudándolle e prestándolle moita atención á protagonista despois do accidente que tivo. Chechu foi o personaxe que menos me gustou, xa que enganou a Iris con unha zapaza chamada Martha, e tamén lle dicía mentiras.
En conclusión, non é un mal libro, pero non o lería por segunda vez xa que non me gustan os temas de amor, de enfermidades e de que o protagonista fale da súa vida senón os de aventuras.
Iván Regueiro Liste (3º ESO)
A min este libro gustoume tanto como moitos pero non me esperaba que fose acabar así.
O momento que máis me gustou foi cando Mario a defendeu e o peor cando o pasa mal cando Chechu lle pon os "cornos" a Iris e séntese el mal sen culpa ningunha e intentaba sacarlle un sorriso e pensando como facela feliz e nese momento faina feliz por instagram.
O meu personaxe favorito é o pai de Iris porque sempre está aí para ela e sempre a axuda en todo, e tamén confía moito nela. E outro personaxe que me gustou moito foi Ruth, porque é unha rapaza que lle conta todo a Iris e a axuda en todo. O único personaxe que non me gustou moito foi Chechu porque púxolle os "cornos" a Iris ás súas costas e as súas escusas eran nefastas e non lle quixo dicir a verdade cando se puxo ben.
O vocabulario era sinxelo, polo que resultoume moi sinxelo de ler e tamén porque era moi curto pero cheo de sentimentos, polo que non fai falta para iso escribir un libro longo.
Ángel Castro Noya (3º ESO)
Este libro relata os feitos dunha rapaza chamada Iris, a cal padece de Heterocromía, Iridium. A historia engánchate dende o comezo co accidente de tráfico que lle sucedera anteriormente e polo cal estivo en coma durante 7 meses e o suceso de moitas situacións moi comprometidas, tanto para ela coma para o seu mozo Chechu (agora ex-mozo) e para os seus pais os cales tiveron que pasar seguramente por moito mentres ela estaba en coma.
Xa só o tema do libro é interesante pero os matices coma o anteriormente contado sobre os seus pais, aínda que non se comenta como o viviron eles durante eses meses, e sería un punto que estaría ben que aparecera na trama.
Ademais disto, o libro dá sempre moitos datos que son moi interesantes, por exemplo como trataban a Iris cando volveu do coma ou canto lle afectou a Chechu o seu coma (aínda que lle puxese os cornos mentres ela estaba ingresada).
En xeral o libro é dos mellores que lin e recomendo á xente que o lea.
Diego Vásquez Fernández (3º ESO)
A min gustoume moito xa que é un libro moi rápido de ler e moi entretido. Pero tamén porque eu sei o que se sente que te traten como se non puideses facer nada e fora inútil, xa que cando me operei non puiden facer case nada durante seis meses e sei que o TCE é para toda a vida e non ten ningun tipo de comparación cunha operación, pero, aínda así esa sensación de non poder facer nada é a mesma.
A miña personaxe favorita é Iria, porque ten que aprender a vivir despois do accidente que tivera e tanén ten que aguantar que a xente pense que xa non vale para facer nada. Outro personaxe que tamén me gustou foi Mario, porque foi o único que non cambiou a súa forma de ser con Iris antes e despois do accidente. Pero o que menos me gustou foi Chechu porque pensa que todo está relacionado con el, por exemplo, cando Matha o “consolou” cando Iris estaba en coma.
A miña escena favorita do libro foi cando Mario chamou a Iris polo apodo que o facía antes do accidente, porque Iris sentiuse feliz xa que era a primeira vez que alguén non cambiara a súa forma de ser con ela despois do accidente.
Ainhoa Leis Ríos (3º ESO)
O momento máis importante do libro para min é cando Chechu e Mario se pelexan, e Chechu deixa caer o teléfono e Iris cólleo, e el, pensando que era Mario, vai para a casa e comeza a berrar coma un tolo.
O libro parecía un pouco triste ao principio polo que lle pasara ao protagonista pero a medida que avanzaba a historia acabou sendo moi interesante e ás veces moi divertido por algúns comentarios que fixeron os personaxes.
Para min os personaxes máis importantes foron Mario, Chechu e Iris xa que a parte máis interesante da historia transcorre entre estes tres que son os que provocan a maioría dos conflitos.
Creo que o desenvolvemento é bo, aínda que as parénteses me perden un pouco xa que din outras cousas que non teñen moito que ver co que está a pasar.
O final é moi bo pero non vou facer "spoiler".
Para min a lingua era moi fácil de entender xa que supostamente está escrita por unha rapaza da nosa idade e por iso todo é máis fácil de entender.
Recoméndolle moito este libro a todas as persoas que lles guste ler por suposto pero sobre todo ás persoas que lles gusten os rexoubeos e os conflitos, xa que nesta novela as mellores partes son cando pelexan.
Brais Castro Señarís (3º ESO)
Este libro de Francisco Castro gustoume por tres razóns:
A primeira, pola historia tráxica que nos conta dunha rapaza que por culpa dun accidente de coche ten que estar hospitalizada durante sete meses, ademais o seu mozo xa estaba con outra rapaza, estes feitos fan que lle collas moito cariño ao personaxe principal. Ademais intereseime moito coa enfermidade que ten, chamada hetecromia que fai que teña os ollos de diferente cor, doenza que xa estou afeita a ela xa que a miña tía ten esta enfermidade.
A segunda é polo personaxe principal, como xa contei, a súa historia fai que lle collas cariño e empatices moito con ela, ademais a enfermidade que ten ao meu parecer "mola" moito, e por poñer outro exemplo tamén Mario, un rapaz que volve dunha expulsión e ten a etiqueta de malévolo e ao final resulta que sae namorado de Iris, acto que a ela lle serve para non perder o interese polo sexo masculino.
E a terceira razón pola que me gustou o libro é a súa linguaxe doada e interesante de ler, unha característica moi importante para min que fai que me enganche ao libro.
Mateo Pérez Vázquez (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario